A Fundación Uxío Novoneyra recibe un arquivo sonoro con 8 poemas recitados polo poeta do Courel
As gravacións, que foron realizadas polos irmáns Rafael, Hilario e Jose González nun recital privado, constituíron un ben prezado da familia durante 50 anos
A Fundación Uxío Novoneyra é finalista á Copa España Creativa
A Fundación foi seleccionada na categoría de empresas, universidades e organizacións non lucrativas. O premio fallárase no mes de setembro.
A Fundación Uxío Novoneyra falla o I Concurso de Fotografía dos Eidos – Federico García Cabezón
A Fundación Uxío Novoneyra agradece a todos os participantes e parabeniza os catro gañadores por activar a interpretación visual da Serra do Courel orientando a mirada sobre as xentes, os lugares e as edificacións en diálogo mantido cos versos do poeta.
Inaugúrase a exposición «Uxío Novoneyra, Poeta da Terra»
A Fundación Uxío Novoneyra inaugura ás 18h unha exposición permanente na súa sede en Parada do Courel. «Uxío Novoneyra, Poeta da Terra» achega unha nova lectura dos poemas do libro cumio do poeta, Os Eidos, nesta ocasión en diálogo coa corrente da ecopoesía que, na súa acepción actual, recolle un
Aberta convocatoria II Residencias poéticas «Ámeto Mítico» no Camiño de Santiago
A Fundación Uxío Novoneyra abre a segunda convocatoria de residencias poéticas itinerantes no Camiño de Santiago, proxecto que forma parte da programación «O teu Xacobeo» impulsada pola Xunta de Galicia. Buscamos poetas interesados/as en facer o Camiño de Santiago e escribir sobre a peregrinación xacobea
A Fundación Uxío Novoneyra convida a participar no nacemento do Arquivo da Memoria das Mulleres do Courel
Imos comezar o traballo de arquivo recollendo unha pequena mostra da memoria cotián das mulleres da serra. O Courel é unha serra da Galicia oriental, unha montaña da provincia de Lugo onde viven 1024 habitantes, 494 son mulleres cunha idade media de máis de 58 anos.





