A MIÑA CESTA
Aínda non tes produtos na túa cesta.
As compras realizadas nesta tenda están sometidas á normativa vixente e ao resto da lexislación vinculante.
As compras efectuadas están suxeitas ao pagamento do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), segundo o que establece a normativa vixente para as persoas físicas ou xurídicas residentes en Estados membros da Unión Europea e para aquelas residentes en países extracomunitarios.
Os gastos correspondentes a aranceis e aduanas non están incluídos no prezo do produto. Por este motivo, se se traspasa algunha aduana pode xerar algún custe asimilado á compra, que irá a cargo do comprador.
As características e o prezo dos produtos aparecen en pantalla e serán os correspondentes aos mesmos excepto no caso de erro ou omisión.
Os artigos estarán dispoñibles para a súa venda ata o remate das existencias. Os prezos indicados na pantalla son en euros, inclúen o IVE, son os vixentes e son válidos no momento da aceptación do pedido pola nosa parte, excepto en caso de erro gráfico ou omisión.
Os artigos envíanse directamente desde:
Fundación Uxío Novoneyra
Parada nº1, 27324 Folgoso do Courel (Lugo)
O noso obxectivo é enviar todos os pedidos dentro dos 15 días hábiles posteriores á recepción do pedido, se as circunstancias o permiten.
Realizamos entregas aos seguintes países:
Os nosos gastos de envío habituais son:
O cliente que desexe mercar na nosa tenda electrónica terá que aceptar estas «Condicións da tenda». Ao formalizar un pedido entenderase que se fai aceptando a totalidade das condicións xerais contidas nesta páxina. A aceptación dun pedido implica a aceptación das nosas condicións xerais.
Xunto ao pedido, o cliente recibirá un recibo ou factura emitida pola Fundación.
A factura sempre se enviará ao enderezo que figure na factura aínda que esta indique un enderezo de envío distinto.
Os prazos de entrega estipulados terán efecto desde o momento en que o noso transportista reciba a mercadoría para facer efectivo o envío, segundo o servizo correspondente á modalidade de envío empregada. Os produtos enviaranse ao enderezo de entrega que o cliente nos indique.
A confirmación do pedido enviado pola Fundación non ten validez como factura.
Pódese anular un pedido xa realizado sempre que este non chegase á fase de envío. Esta cancelación pode facerse mediante o formulario de contacto, por correo electrónico a info@uxionovoneyra.com ou no teléfono (+34) 671445247.
Os produtos que poidan ser reproducidos ou copiados con carácter inmediato (discos compactos, películas de vídeo, libros, etc.) non se admitirán a devolución a menos que sexan defectuosos; neste caso cambiarase o produto por un novo de idénticas características.
Pode solicitar unha devolución/cambio nun prazo non superior a 15 días, contados a partir da recepción do produto. Reembolsarase ou cambiarase o artigo(s), excluíndo gastos de envío.
O envío de devolución cobrarase tendo en conta as tarifas do envío estándar, segundo a súa localización de envío.
As devolucións poden realizarse de forma física na tenda da Fundación (Parada nº1, 27324 Folgoso do Courel, Lugo) ou en liña. Neste caso, comuníquese connosco empregando os detalles do seu pedido, por correo electrónico a info@uxionovoneyra.com ou no teléfono (+34) 671445247.
Se desexa organizar unha devolución a través da recollida no fogar ou a devolución nun punto de recollida, infórmenos cando envíe a súa solicitude de devolución e axudarémoslle a xestionalo.
Ao devolver os artigos á Fundación Uxío Novoneyra asegúrese de que estean ben embalados e protexidos para o seu transporte, dentro do embalaxe orixinal. Vostede é responsable de cada artigo ata que o recibamos. Todos os artigos serán inspeccionados ao seu regreso.