A MIÑA CESTA

A Fundación Uxío Novoneyra falla o I Concurso de Fotografía dos Eidos – Federico García Cabezón

A Fundación Uxío Novoneyra agradece a todos os participantes e parabeniza os catro gañadores por activar a interpretación visual da Serra do Courel orientando a mirada sobre as xentes, os lugares e as edificacións en diálogo mantido cos versos do poeta.

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

«E INDA é nova a Terra!», «SERRA aberta / inmensa antiga erencia!» e «VAISE vaise / o camiño
d´aire do aire polo aire / camiñando por un sitio aonde nunca foi naide…» son os versos que inspiraron os participantes do I Concurso de Fotografía dos Eidos que leva o nome de Federico García Cabezón, médico rural e fotógrafo amador, que durante décadas fotografou as montañas e a vida dos últimos labregos do Courel.

O xurado, formado polo propio Federico G. Cabezón, Branca Novoneyra e Miguel Anxo Lar, vén de fallar as fotografías gañadoras entre as seleccionadas polos seguidores das redes da Fundación Uxío Novoneyra, que emitiron 5942 votos sobre as 24 obras participantes nunha queda previa entre o 20 e o 29 de novembro.

TRES PREMIOS E UN ESPECIAL PARA COURELAOS

Daniel Irimia, Ángel González, Jacobo Martins son respectivamente os gañadores do primeiro, o segundo e o terceiro premio, mentres o premio especial para residentes foi para o veciño Arturo Sánchez.

A Fundación Uxío Novoneyra agradece a todos os participantes e parabeniza os catro gañadores por activar a interpretación visual da Serra do Courel orientando a mirada sobre as xentes, os lugares e as edificacións en diálogo mantido cos versos do poeta e, co fallo dos premios, anuncia a celebración dunha entrega de premios e dunha mostra presencial coas fotos gañadoras acompañadas dunha selección especial das obras que participaron no concurso.