
A MIÑA CESTA
Aínda non tes produtos na túa cesta.
A Fundación Uxío Novoneyra desenvolve de xeito anual a convocatoria de residencias poéticas itinerantes no Camiño de Santiago «Ámeto Mítico», un proxecto que forma parte da programación «O teu Xacobeo» impulsada pola Xunta de Galicia.
«Ámeto Mítico» ten como obxectivo actualizar e dialogar co legado da poesía trobadoresca galego-portuguesa, caracterizada polo influxo da lírica provenzal e doutras influencias que, coma a poesía sufí, chegaron a terras de Galicia polos camiños de peregrinación xacobea. Toma como inspiración as rotas descritas no libro Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago, último poemario de Uxío Novoneyra, quen foi tamén un recoñecido actualizador da poesía trobadoresca. «Ámeto Mítico» foi precisamente o nome co que o poeta nomeou este volume elixido para pechar a súa obra.
Estas residencias internacionais de escrita buscan achegármonos a ese «ámeto mítico» que imaxinou Novoneyra. Con elas a Fundación quere contribuir recuperar a temática xacobea para a poesía actual ao tempo que convidar ao recoñecemento entre a mocidade do Camiño de Santiago, primeiro Itinerario Cultural Europeo.
«Ámeto Mítico» reactiva este legado. Acompaña a poetas interesadas/os na experiencia da peregrinación co obxectivo de divulgar o Camiño como espazo mítico sobre o que continuar a escribir poesía.
Retomamos o Camiño a Compostela do 16 ao 30 de setembro de 2021. Nesta segunda edición as poetas seleccionadas —Arancha Nogueira, Luís López Alonso, Laura Casielles, Pilar Astray, Adam Wyeth e Agnes Marton— peregrinarán entre O Cebreiro e Santiago de Compostela mentres traballann en composicións de temática xacobea que máis tarde compartirán co alumnados de centros educativos.
O programa desenvolveráse co seguinte calendario:
Nesta edición as residencias itinerantes «Ámeto Mítico» está enmarcadas no proxecto BE(p)ART – GROW WITH ARTS, unha iniciativa financiada con cargo ao programa Europa Creativa da Comisión Europea.
O obxectivo de BE(p)ART é achegar a creación literaria á poboación máis nova e crear novos públicos desde unha metodoloxía participativa e de traballo en rede.
ametomitico@uxionovoneyra.com
+34 982 155 059 // +34 651 184 408