A MIÑA CESTA

A Fundación Uxío Novoneyra convida a participar no nacemento do Arquivo da Memoria das Mulleres do Courel

Imos comezar o traballo de arquivo recollendo unha pequena mostra da memoria cotián das mulleres da serra. O Courel é unha serra da Galicia oriental, unha montaña da provincia de Lugo onde viven 1024 habitantes, 494 son mulleres cunha idade media de máis de 58 anos.

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

O proxecto que forma parte da iniciativa Laboratorios Ciudadanos Distribuidos do MediaLab Prado

O obxectivo deste laboratorio é a elaboración de documentos fundacionais nos que mulleres courelás entrevisten ás súas veciñas sobre a vida cotián. Interésanos coñecer a memoria das mulleres nos espazos público e privado. Queremos que nos transmitan coñecementos sobre a vida cotián: os traballos e os coidados, o lecer das festas e outras celebracións, tamén queremos coñecer máis sobre os topónimos, o saber popular, a escola; e preguntarlles, finalmente, sobre a emigración e o despoboamento que forman parte da historia da comunidade durante os últimos tres séculos. Por último, tamén queremos que recuperen feitos esquecidos ou os restos da memoria durmida ou silenciada pola comunidade.  

Imos comezar o traballo de arquivo recollendo unha pequena mostra da memoria cotián das mulleres da serra. O Courel é unha serra da Galicia oriental, unha montaña da provincia de Lugo onde viven 1024 habitantes, 494 son mulleres cunha idade media de máis de 58 anos.

Interésanos favorecer a construción dunha memoria diversa e implicar no proxecto a mulleres de idades e pobos distintos para tecer un arquivo de memoria que impulse un futuro en igualdade, onde o coñecemento non se perda, afianzando saberes, referencias e referentes de proximidade que tezan unha rede a través do recoñecemento dos saberes entre as mulleres do Courel.

Quen pode participar e para que?

Poden participar as mulleres residentes no Courel que lles interese facer parte desta iniciativa e participantes doutros Laboratorios Ciudadanos Distribuídos do MediaLab Prado que lles interese implicarse no acompañamento do proceso de recollida e arquivo da memoria das mulleres do Courel.

Cando e onde apuntarse?

Ata o 10 de novembro no mail arquivo@uxionovoneyra.com ou chamando ao teléfono de contacto +34 659 888 709



 

Como era vivir no Courel cando eras nena?
Nieves Neira en El Progreso