Equipo

Branca Novoneyra

branca@uxionovoneyra.com
Directora de Arte da FUN e membro do padroado da Fundación. Técnica en Xestión Cultural. Doutoramento en Arte e Educación (Universidade de Granada) e Grao en Ciencias Políticas (Universidade de Santiago de Compostela). Máster en Edición Dixital (Universitat Oberta de Catalunya) e Educación (USC). Entre 2015 e 2019 foi tenenta de alcalde e concelleira de Cultura no Concello de Santiago de Compostela e, desde 2019, concelleira da oposición.
branca@uxionovoneyra.com

Ana Lombardero

ana.lombardero@uxionovoneyra.com
Técnica en Turismo Sostible. Licenciada en Bioloxía (USC), Máster en Biodiversidade e Bioloxía da Conservación (Universidad Pablo de Olavide) e Máster en Educación (USC). Ten unha ampla experiencia en xestión e comunicación ambiental. Entre 2013 e 2015 traballou para o Parque Zoolóxico Marcelle e entre 2016 e 2019 foi docente (educación regulada e non regulada) en diversas institucións. Tamén foi voluntaria e colaborou con numerosas organizacións medioambientais como o Instituto de Ornitoloxía Max Planck e a Estación Biolóxica de Doñana (CSIC).
ana.lombardero@uxionovoneyra.com

Lía Pérez

lia.perez@uxionovoneyra.com
Técnica en Turismo e Internacionalización. Licenciada en Xornalismo e Medios de Comunicación e Máster en Educación (USC) e posgraduada en Márketing de Destinos Turísticos (Universitat Oberta de Catalunya – UOC). Máis de 10 anos de experiencia en políticas e estratexias de destino turístico local. Entre 2016 e 2018 foi Responsable de Comunicacións da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA) e a súa Ruta Cultural Europea. Axente SICTED certificada (estándar español da calidade no turismo).
lia.perez@uxionovoneyra.com

Marta Rivas

marta.rivas@uxionovoneyra.com
Licenciada en Historia e máster en Historia Contemporánea e en Educación pola USC. Conta con varios anos de experiencia na innovación didáctica de ciencias sociais ligada ao patrimonio cultural. Traballou en varios museos e monumentos galegos e cataláns. Apaixonada do mundo rural, realizou voluntariado en asociacións para o desenvolvemento rexional e na rede internacional WWOF.
marta.rivas@uxionovoneyra.com

Nieves Neira

nieves.neira@uxionovoneyra.com
Licenciada en Xornalismo (Universidade de Salamanca), posgraduada en Cultura Portuguesa Contemporánea (Universidade Aberta de Lisboa-UAb), con estudos en Estética e Filosofía (UAb). Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura (USC), actualmente escribe unha tese de doutoramento nesta universidade sobre Uxío Novoneyra. Traballa no diario El Progreso dende 2013. É membro do padroado da FUN.
nieves.neira@uxionovoneyra.com

Miguel Anxo López

miguelanxolar@uxionovoneyra.com
Axudante técnico en dinamización do patrimonio cultural (2015-). Cineasta e escritor. Estudos de Dirección Cinematográfica e Dereito.
miguelanxolar@uxionovoneyra.com

Iván L. Gimeno

info@ithcrowdfunding.org
Director de Desenvolvemento Dixital. Licenciado en Historia (USC). Máster en Xornalismo e Medios (UDC / La Voz de Galicia) e Cine Dixital (New York Film Academy). Consultor e inversor en desenvolvemento de startups.
info@ithcrowdfunding.org

Gisela Díaz

gisela.diaz@uxionovoneyra.com
Licenciada en Historia da Arte pola USC, con especialización en Patrimonio e MBA polo IE Business School, Madrid. Desde 2010 desenvolve no Porto a súa actividade profesional como xestora cultural, onde colaborou coa Fundação de Serralves, integrou o equipo de Guimarães 2012 - Capital Europea da Cultura, na Área de Arte e Arquitectura. Participou na Bienal Contextile e, desde 2016, traballou na organización do proxecto Terra(s) de Sefarad, en Bragança. Colabora aínda desde 2011 coa Secretaría de Estado de Cultura de España como coordinadora da Mostra Espanha.
gisela.diaz@uxionovoneyra.com

Cibrao Cabo

cibrao.cabo@uxionovoneyra.com
Técnico Junior en Xestión Cultural. Graduado en Historia (USC), Máster en Educación (USC), posgraduado en Dixitalización do Patrimonio Cultural (UNED) e titulado en Xestión do Patrimonio (Formación al Cuadrado), Patrimonio, Museos e Arqueoloxía (UNED). En 2017 participou en tarefas de catalogación e conservación no Museo Etnolóxico de Ribadavia e, entre 2019 e 2020, como parte do equipo da Fundación Uxío Novoneyra (Xestión do Arquivo da FUN, Xestión de Proxectos, visitas guiadas ao Museo, etc.)
cibrao.cabo@uxionovoneyra.com

Bruno Arias

bruno.arias@uxionovoneyra.com
Técnico Auxiliar Junior en Comunicación. Graduado en Comunicación Audiovisual (USC) e cursando o Máster en Educación (USC). Nos últimos cinco anos, realizou traballos de deseño gráfico e contido audiovisual para individuais e empresas. Traballou como axudante de dirección, director de fotografía, guionista e montador en diferentes curtametraxes. Participou e coordinou os equipos de comunicación de diferentes organizacións políticas e culturais.
bruno.arias@uxionovoneyra.com

María González Borrajo

administracion@uxionovoneyra.com
Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Vigo. Administración e inclusión de públicos. Máis de 10 anos de experiencia en xestión de diversos programas de atención social con diferentes colectivos, elaborando e executando proxectos de intervención social sociocultural.
administracion@uxionovoneyra.com