Novas

Lembrar e reconstruírse

Esta sesión é a segunda do ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres do Courel. Que libros leremos? Extractos de obras moi dispares de Marguerite Duras, Macha Méril, Hélène Bessette, Gala de Meira e algún texto sorpresa. Biographie d’un sexe ordinaire de Macha Méril (Albin Michel, 2003) On ne vit que deux fois de Hélène Bessette (Othello, 2018) O amante de Marguerite Duras (Kalandraka, 2020) La Entusiasta de Gala de Meira [pseudónimo de Cristina V Miranda] (Dosmanos, 2021) Nota: algúns fragmentos que leremos pertencen a obras sen tradución publicada en galego, e no caso de Méril e Bessette tampouco en castelán, por iso a moderadora aportará a súa propia tradución dos textos ó galego xunto co orixinal en francés. Obxectivo da sesión: Empoderamento. Procurar incrementar a conciencia dunha mesma a través de lecturas de ficción autobiográfica. Lecturas compartidas que poderemos vincular ás nosas propias lembranzas e que amosan a loita entre o eu ideal e o ideal de seu. Desenvolvemento da sesión: Esta segunda sesión de Lecturas Habitadas, desenvolverase en distintos espazos de Parada do Courel, aldea na que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra; pola maná presentarémonos e leremos xuntas textos na Aira, xantaremos entre castiñeiros, e pola tarde seguiremos coas lecturas e comezaremos a conectar as nosas lembranzas cos textos escollidos. Nota: se algunha participante ten algún tipo de alerxia ou de tipo de dieta específica, por favor comentalo no momento da inscrición para que podamos telo en conta para o xantar.

LER MÁIS »

Habitar a natureza salvaxe

Ofertamos un máximo de 12 prazas. As inscricións deben formalizarse antes do 27 de xullo no correo info@uxionovoneyra.com. No asunto indicarase o título da sesión (Habitar a natureza salvaxe) e no texto do correo facilitaranse os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono.

LER MÁIS »