Día: sábado 30 de xullo
Horario: 12:00 – 17:00
Esta sesión é a primeira do ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres do Courel.
Que libros leremos?
- Camuflaxe de Lupe Gómez (Chán da Pòlvora, 2017)
- FelizIdade de Olga Novo (Kalandraka, 2019)
- El País de las Ranas de Pina Rota Fo (Errata Naturae, 2019)
- El prado Rosinka de Gudrun Pausewang (Impedimenta, 2020)
Cal é o obxectivo da sesión?
Espertar a creatividade das participantes a través de lecturas que nos conectan coa vida agraria contada por autoras de diversas xeracións.
Como o conseguiremos?
Pola mañá escoitaremos e comentaremos versos, imaxes e sons. Leremos poemas nos Prados do Río e comeremos xuntas. Pola tarde, leremos fragmentos das novelas no Souto da Rubial e gardaremos as ideas inspiradoras das lecturas escollidas.
Onde?
Na sede da Fundación Uxío Novoneyra (Parada do Courel).
Quen guía a sesión?
Branca Novoneyra
Quen pode participar?
Mulleres de todas as idades interesadas na lectura.
Como podo participar?
É unha actividade gratuíta.
A organización facilitará os textos ás participantes.
Ofertamos un máximo de 12 prazas. As inscricións deben formalizarse antes do 27 de xullo no correo info@uxionovoneyra.com. No asunto indicarase o título da sesión (Habitar a natureza salvaxe) e no texto do correo facilitaranse os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono.
Comunicaremos por teléfono ás interesadas que acaden praza e elaboraremos unha listaxe de agarda por orde de chegada das peticións.
Queres máis información sobre a actividade?
Chámanos ao teléfono +34 659888709
Lecturas habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres é unha actividade da Fundación Uxío Novoneyra dentro do marco do proxecto Book Power Erasmus+ que desenvolve accións de biblioterapia con mulleres vencelladas a espazos en risco de vulnerabilidade social en Francia, Italia e España.