Novas

Programación da VIII edición do Festival dos Eidos

Entre o 25 e o 27 de agosto terá lugar en Parada, Folgoso do Courel, na casa natal do poeta Uxío Novoneyra, a oitava edición do Festival dos Eidos que contará coa presenza das poetas Chus Pato, Antón Reixa, Ana Romaní, Eva Veiga, Marina Oroza e Joâo Barrento e coas actuacións musicais de Os Resentidos e Radio Océano. Ademais de música e poesía, os asistentes poderán gozar da lectura danzada «Em torno da árvore, estendia-se o jardim nascente» con Eva Valle, Nieves Neira Roca, María Grandío, María Corral Fernández e Beatriz Rodríguez Morales. Os poetas Alba Cid e Estevo Creus porán en escea o espectáculo de música e poesía A Faia de Ponto en diálogo co músico improvisador Xosé Miguélez. O fotografo Federico García Cabezón, médico no Courel dos anos 80, traeranos a exposición fotográfica “Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes” protagonizada polos homes e mulleres que naquela altura traballaban e vivían na montaña. O director Óscar Alegría e o crítico Xosé Manuel Sande manterán un coloquio ao redor de Zumiriki, a peza do cineasta navarro que filma o paso do tempo nas montañas do Pirineu. A Fundación Legar transportaranos, nunha peza de arqueoloxía sonora, deica a paisaxe de sons do Courel, tal e como foi coñecido polo poeta. O biólogo Xavier Vázquez Pumariño, un clásico do Festival, amosaranos a ornitoloxía do Courel mentres que Río Lagares, nome de guerra dos artistas Cé Tomé e Xavier Queipo, presentarannos as súas últimas creacións artísticas de par doutros músicos e Djs como Xackal, Dj Tristón ou Jass Processor. As entradas están xa dispoñibles nesta ligazón.

LER MÁIS »

Prazas dispoñibles nos cursos de artesanía galega no Courel

A Fundación Artesanía de Galicia vén de anunciar que aínda existen prazas dispoñibles nos cursos de artesanía que vai levar a cabo en Folgoso de Courel entre o 9 e o 13 de agosto. Máis en concreto, restan prazas por ocupar nas especialidades de macramé, bordado, bordado sobre fotografía e de elaboración dun banco de madeira. O artesán Rodrigo Mosquera, do obradoiro Tresoficios de Teo, será o encargado de impartir o curso de elaboración dun banco de madeira na Fundación Uxío Novoneyra, en Folgoso do Courel, entre o 9 e o 13 de agosto. Neste curso, os alumnos fabricarán uns bancos de madeira para uso dos visitantes da propia Fundación traballando de xeito colaborativo con técnicas tradicionais de carpintería, facendo fincapé no deseño, na boa planificación das medidas, nos materiais a empregar e na finalidade das pezas. A matrícula ten un prezo de 35 euros. Podes facer a inscrición no curso cubrindo este formulario. O obradoiro de macramé será impartido pola artesá viguesa Ana Loredo, de Nai Diseños, e nel ensinarase a facer un bolso tecido a man a base de nós e de corda de algodón reciclado. Primeiro aprenderase a traballar no macramé para crear un cordón, e logo a técnica para crear unha trama que será o corpo do noso bolso. O curso terá lugar en Parada, no concello de Folgoso de Courel, o 12 e o 13 de agosto en horario partido, de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00. O custe da matrícula é de 20 euros. Podes inscribirte aquí. O de bordado en la será impartido pola artesá Dolores García, do obradoiro Logaro, de Ourense, n’A Carbiña, en Folgoso do Courel, entre o 9 e o 11 de agosto en horario partido, de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas. As persoas asistentes aprenderán os puntos básicos e realizarán unha composición floral sobre unha mostra de tecido ou unha prenda tecida sobre a que facer o bordado para customizala dándolle unha nova vida. Non se require ningún coñecemento previo e as persoas asistentes deberán levar un ou dous bastidores de 25 ou 30 centímetros de diámetro e un rotulador para marcar de extinción con auga. O custe do curso é de 20 euros e pódeste inscribir aquí.  Finalmente, o curso avanzado de bordado de fotografía sobre papel ou tela será impartido pola artesá Minia Banet, do obradoiro compostelán Variopinto os días 12 e 14 de agosto en horario de mañá e tarde n’A Carbiña, no concello de Folgoso do Courel. Os alumnos e alumnas estamparán diferentes imaxes para logo bordar sobre elas con puntos planos e de relieve, empregando fíos de bordado de tapicería e mouliné. O prezo da matrícula é de 20 euros e podes realizala aquí.   

LER MÁIS »

Nova edición do roteiro Uxío Novoneyra entre O Cebreiro e Pacios

O vindeiro 1 de agosto a Fundación Uxío Novoneyra organiza, un ano máis, Ruta Ámeto Mítico en colaboración con Marcos Reinoso (Pía Páxaro) e Nieves Neira.  O roteiro, que parte da programación expandida do Festival dos Eidos que terá lugar en Parada do Courel entre o 25 e o 27 de agosto, segue os pasos do camiño tradicional que conectaba O Courel cos Ancares a través de Pedrafita de Cebreiro, onde tiña lugar a feira que centralizaba a vida económica e social das dúas comarcas. As persoas participantes camiñarán entre O Cebreiro e Pacios mentres gozan dunha ruta de interpretación xeopoética baseada na escoita, lectura e interpretación de poemas do libro de poemas Ámeto Mítico. Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago e outra rotas de Uxío Novoneyra cos topónimos xeolocalizados O itinerario, celebrado semestralmente, forma parte da estratexia rurallure que ten como obxectivo dar a coñecer aos usuarios das grandes vías de peregrinación europeas o patrimonio cultural e natural situado no seu perímetro. Para inscribirte, debes enviar un e-mail solicitándoo no enderezo administracion@uxionovoneyra.com.

LER MÁIS »

Presentación do “Tesouro Espeleolóxico Galego” na Fundación Uxío Novoneyra

O sábado 5 de agosto ás 18:30h na Fundación Uxío Novoneyra terá lugar a presentación do libro Tesouro espeleolóxico galego (aCentral Folque, 2022), en modo café científico-literario, coa poeta Alba Cid e a espeleóloga Tereixa Otero (Clube Espeleolóxico Maúxo de Vigo), introducidas polo editor da obra Ramón Pinheiro. Poesía e ciencia danse a man nesta singular proposta concibida a modo de café científico-literario e fano cunha das novas voces da poesía galega, cun universo propio e cativador Alba Cid, e coa presidenta dun dos Clubes espeleolóxicos máis reputados e experimentados dentro do panorama galego, Tereixa Otero. Este encontro permitirá dun xeito ameno un diálogo entre a cultura espeleolóxica e a creación literaria para ofrecer, dunha maneira fermosa, natural e libre unhas sesións sensoriais que introduzan as persoas asistentes no profundo do imaxinario creativo das covas galegas. Tesouro Espeleolóxico Galego é unha enciclopédica e novidosa achega ilustrada acerca de medio milleiro de cavidades naturais e artificiais con información de proveito para calquera persoa interesada na natureza, xeoloxía, xeografía, arqueoloxía, historia, etnografía, literatura e, por suposto, nos alicerces do que son, aínda hoxe, os ignorados precedentes da actual espeleoloxía galega. Un proxecto de longo alcance, xestado durante 30 anos polo Clube Espeleolóxico Maúxo, editado agora nun fermoso e coidado volume de 544 páxinas, con máis de 1200 referencias documentais (textos e imaxes) de interese espeleolóxico galego. Nesta ligazón podes acceder ao vídeo promocional do proxecto realizado por Berio Molina Entrada de balde ata completar aforo.

LER MÁIS »

Pamen Pereira e Ché Marchesi instalan “Tempo de Elexía” na Fundación Uxío Novoneyra

Pamen Pereira e Ché Marchesi presentaron o pasado 14 de xullo “TEMPO DE ELEXÍA” na Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel. A instalación comparte título co libro publicado por Vía Láctea no ano 1991, unha edición revisada dos poemas de impronta existencial escritos polo poeta entre os anos 1953 e 1965. A maior parte da aldea de Parada do Courel asistiu á apertura da mostra. Entre o público asistente atopamos os patronos da entidade, Federico G. Cabezón, Orlando Álvarez, María Prieto ou o gaiteiro Xan Silbar, que tocou unhas pezas nas antigas cortes para un nutrido grupo de veciñanza. Todas e todos gozaron dunha longa visita guiada. Pamen Pereira e Ché Marchesi instalaron pezas na antiga corte do curral e no cuarto onde o poeta Carlos Oroza viviu longas tempadas. Os asistentes escoitaron o son da chuvia mesta e leron poemas caligráficos sobre os cristais das fiestras. Despois dunha quincena de estadía en Parada do Courel, Pamen Pereira comentou: “Conseguimos domar a besta. Levamos quince días a traballar intensamente na Fundación Uxío Novoneyra, na aldea de Parada do Courel. Ollamos cara a morte e a vida, e fixemos brilar a bela alma do animal, coñecendo cada unha das súas astas, mimándoas e a acariñándoas ata atopar a súa luz. Achamos a podremia, respiramos o seu cheiro sen pestanexar e, na plena transformación alquímica, atopamos a fermosura da flor que nace das augas limosas. A obra fica instalada na antiga corte da casa de Uxío, o poeta do Courel. A nosa amorosa homenaxe a “Os Eidos”. A residencia “Escrita no Remoto” é parte da programación expandida do Festival dos Eidos A Fundación Uxío Novoneyra vén de ser incluída entre as vinte entidades que o informe Estudio de Impacto Socio-demográfico de la Cultura en el Medio Rural monitoriza en todo o estado. Este proxecto do Ministerio de Cultura y Deporte en colaboración con investigadores de Zaragoza e La Rioja foi presentado o pasado 6 de xullo no “VI Foro de Cultura y Ruralidades”. A entidade courelá que destaca pola diversidade da súa acción cultural, celebra este xullo a segunda edición da residencia “Escrita no Remoto” acollendo os artistas Pamen Pereira e Ché Marchesi durante a primeira quincena, e a escritora María Sánchez durante a segunda de xullo. Co apoio da Rede Museística da Deputación de Lugo, entidade que sostivo a estadía previa no Pazo de Tor en Monforte de Lemos, a residencia “Escrita no Remoto” suma agora o apoio do programa autonómico xestionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Territorio Cultura. O Festival dos Eidos coa programación expandida foi a proposta mellor valorada pola Xunta de Galicia no desenvolvemento do programa vencellado aos Fondos Next Generation. A residencia incorpora un cofinaciamento da estratexia Horizonte Europa rurAllure.eu para atraer audiencias ao patrimonio literario que perimetra os Camiños de Santiago. A produción site-specific “Tempo de Elexía” sumou achegas cortesía da Cooperativa A Carqueixa, O Sabor dos Ancares e os produtores apícolas O Galeirón. Os tres facilitaron produtos e materiais (cornos de vaca, cera de abella e cascas de ovo) incorporados na peza exposta dun xeito permanente na sede da fundación. Tamén engadiu

LER MÁIS »

Ten years incorporating Novoneyra on secondary education

Activating an ecoliterary heritage from the uplands to inlands and the whole Galician people awareness. From the beginning of the foundational work we had a priority: the intervention in the educational centers, schools and institutes of Galicia, prioritizing the mountains of Lugo (NUTS ES112). We had a fantastic background based on three previous milestones: the integration of “The uplands’ ‘ book of poems and the figure of Novoneyra on literature education and literature anthologies developing a process of canonization since the first 80’s, helped by his hyperactive visits and activities to major part of education centers until this death on 99 and being celebrated after his death with the celebration of “Galician Letters” Award on 2010, the major recognizement to a death writer in Galicia, only possible from 10 years of the death and achieved at first year, generating many didactic resources, regular activities and events on educative centers and in general at regional level during all the year. This is the moment of founding the Fundacion Uxío Novoneyra with the education activity on the goals declared with Spanish interest on 2012. Throughout a decade we have developed numerous literary reading and cultural linked activities in the schools of the eastern mountains, especially on mountain ones named after Uxío Novoneyra in the municipalities of Folgoso do Courel and Pedrafita do Cebreiro. The students of these centers continue to celebrate an annual visit to the headquarters of the foundation during the school year and, as patrons and workers of the entity, we move to work in situ activities directly related to the dissemination of the poetic work and stories of Novoneyra, books gifting and achieving all kind of cultural activities to them. During the last year, we have begun to implement a new tool for intervention: bibliotherapy which we started to use with women in risk of exclusion and, afterwards, with the children of the ESO and college centers. In addition to visits to all the Galician country explaining Novoneyra and the foundation since 2010, we want to remark our intervention in educational centers with the Ámeto Mítico poetry writing residences on the Camino de Santiago which we have been organizing during since 2019. These residencies have already celebrated three editions (2019-2021-2022) and 17 poets from different countries and languages have recited annually in 8 secondary and primary schools on the French Way in the towns of Vilafranca do Bierzo, Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Palas de Rei, Lugo, Arzúa and Santiago de Compostela, where the poets recited their compositions before the children of the schools disseminated along the Camino. Beside reading their poetry, the poets shared their experience as pilgrims within a literary residence that aims to recover the Jacobean thematic influence for current poetry. Educational intervention is a central pillar of the residency project to give back to the community a creative process enriched through direct contact with students from different Galician villages, towns and cities. Besides being part of the “Science for Earth”, we also participate in numerous European project projects, many of them with the formative DNA to teachers and students, specially Erasmus+ KA210. The

LER MÁIS »