Novas

Xuntanza do rurAllure en Galiza: tras os pasos dos poetas do Camiño

Os pasados 29 e 31 de marzo máis de 30 participantes internacionais do rurAllure Consortium reuníronse en Galiza española para celebrar a xuntanza bianual do proxecto. A Fundación Uxio Novoneyr,a xunto coa Universidade de Vigo, foi a encargada de organizar o evento, que combinou sesións de traballo, encontros con representantes das institucións locais e outros axentes implicados así como experiencias culturais. As rutas que estuda o proxecto son o Camiño de Santiago, os Camiños a Roma (Vía Francigena, Romea Strata e Romea Germanica), o Camiño de María en Hungría, Romanía e Eslovaquia e os camiños noruegueses de San Olav. En rurAllure estúdase o Camiño de Santiago dende a perspectiva do patrimonio literario sobre o Camiño Primitivo e o de Inverno en Portugal e Galiza, coa participación de socios como Fundación Uxio Novoneyra, Fundación Otero Pedrayo, Universidade de Madrid, Universidade da Coruña ou o Concello de Vila do Conde en Portugal. O proxecto, xestionado pola Universidade de Vigo, púxose en marcha en 2021 e xa está no seu último ano, acadando resultados importantes como o desenvolvemento dunha plataforma dixital e a aplicación móbil desenvolvida por KIFU, Uvigo e GVAM. Tameén se puideron ampliar os coñecementos dos participantes sobre esta materia que foron logo recollidos nun un manual de boas prácticas en peregrinacións publicado pola Universidade da Coruña, e aumentar o número de socios ata superar os 100 en marzo de 2023. Atinxidos a maioría dos seus indicadores a finais do segundo ano, o proxecto é xa un modelo para a estratexia de comunicación desenvolvida polo equipo da AEVF. O intercambio de boas prácticas entre os socios permitiu coñecer os resultados do concurso fotográfico “Vagar co corazón e o corpo” desenvolvido pola Facultade de Artes da Universidade Comenius de Bratislava. A Fundación Uxio Novoneyra e o Concello de Vila do Conde están actualmente implicados, pola súa parte, na preparación dun proxecto spin-off centrado no patrimonio literario e ferroviario do norte de España e Portugal. Os socios da Universidade de Noruega NTNU compartiron as súas estratexias de traballo en rede e difusión durante a conferencia nacional de peregrinos noruegueses en colaboración coa Ruta Cultural de Saint Olav. O encontro foi unha ocasión perfecta para poñer a proba os principais puntos de interese do patrimonio literario do Camiño de Santiago, tanto durante a andaina organizada a través do Camiño de Inverno pola serra do Courel como no paseo urbano pola vila termal de Ourense, no Camiño da Prata. As visitas culturais á Fundación Uxio Novoneyra, á Fundación Otero Pedrayo, ao Palacio Museo “Pazo de Tor” de Monforte de Lemos, ao Museo do Viño de Monforte e á súa oficina de peregrinos permitiron aos socios coñecer de primeira man o patrimonio cultural galego. As xuntanzas cos representantes de Ourense e Monforte de Lemos supuxeron unha oportunidade perfecta para establecer estreitos contactos sobre o terreo e ofrecer a metodoloxía do proxecto aos socios interesados. As montañas, a natureza salvaxe, a hospitalidade cálida e a comida deliciosa proporcionaron un excelente fondo para a cooperación europea. O Consortium agradece especialmente aos organizadores da Fundación Uxío Novoneyra e da Universidade de Vigo, especialmente a Uxío Novoneyra, Susana Reboreda Morillo,

LER MÁIS »

Lois Diéguez presentará “As voces amadas” na casa de Novoneyra

O escritor lemavo, que rematou a novela durante unha estancia na casa do poeta, fará entrega do derradeiro capítulo manuscrito da mesma para a o arquivo da Fundación. Lois Diéguez presentará o vindeiro domingo 5 de marzo a súa última narración As voces amadas, publicada pola editorial Galaxia, xunto a actriz María Barcala, o dramaturgo Xulio Lago e a presidenta da Fundación Uxío Novoneyra e viúva do poeta, Elba Rei, nun encontro no que o autor, grande amigo do poeta, visitará tamén a casa-museo, proxecto do que sempre foi un firme promotor, acompañado polo padroado da Fundación e os asistentes, como xa ten feito nas xeiras de Lugopatrimonio. Histórico defensor dos dereitos do noso País, a obra literaria do novelista, toda en lingua galega, anque fundamentalmente narrativa, principia coa publicación de A torre de Babel en 1968, O tempo sen saída, Galou Z28, A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor en 1986) ou Artusa, destinada esta última ao público infantil e xuvenil. A súa obra poética está recollida en libros como Albre de espranza, publicada en Xistral en 1966, ao que seguiron Canciós pra un agromar branco i azul no 1968 ou O ferro dos días, de 1982, que conteñen poemas como o célebre “Eu son a voz do pobo”, que se converteu nunha das cancións emblemáticas de Voces Ceibes. Máis información: info@uxionovoneyra.com Branca: 659888709

LER MÁIS »

A Fundación Uxío Novoneyra participará na celebración do centenario do Ulysses en Lugo

A cidade colaborará coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY nesta efeméride continental xunto a capitais europeas como París, Atenas, Budapest, Berlín, Copenhage ou Estambul entre outras. O evento terá lugar entre o 19 e o 21 de maio de 2023. Integrada en pé de igualdade como cidade asociada neste proxecto Europa Creativa de cooperación a grande escala -o primeiro no que participa a cidade da Muralla- e que convoca outras 17 urbes europeas representando cada unha delas un capítulo desta obra mestra da literatura universal. Este proxecto está inspirado no libro “Ulysses”, do escritor irlandés James Joyce, do cal se celebra neste ano de 2022 o centenario da súa publicación, dando comezo unha rolda de homenaxes por 18 cidades europeas que rematará en 2024. No proxecto participan 18 cidades europeas cada unha delas asociada a un capítulo da novela relacionados cos principais retos que enfronta hoxe a sociedade europea. O capítulo octavo do libro que se celebrará Lugo, “Lestrigóns”, está ligado á literatura, o acto de camiñar e pasear, ás relacións sociais nos espazos públicos, e á gastronomía sustentable de proximidade, e a hospitalidade das tapas da nosa cociña atlántica, caracteres todos eles onde a cidade da Muralla é un referente estatal, que se verá proxectado con este proxecto tamén no nivel europeo. A participación da cidade consistirá nunha programación literaria e escénica expandida ligada á celebración da gastronomía popular identificada con este capítulo da icónica novela de Joyce. Serán intervencións que evoquen a novela en espazos públicos de interese literario como prazas, esculturas, rúas e puntos gastronómicos como cafés e bares, terrazas, restaurantes ou pubs susceptibles de participar no festival. O proxecto complementa esta programación con residencias artísticas para artistas internacionais en Lugo e a celebración dun simposio sobre a relación entre Literatura e Gastronomía; a participación no proceso de redacción no “Manifesto sobre a Futura relación entre as artes e a sociedade para unha Europa mellor”, coa contribución da cidade e a súa integración como cidade colaboradora nesta rede de cidades Ulyses europea. Así, enrre o mércores 7 e o venres 9 visitaron cidade os directores artísticos do proxecto, os irlandeses Liam Browne e Sean Doran, da axencia Arts Over Borders, xunto cunha delegación da cidade, da Fundación Uxío Novoneyra, facilitadora do proxecto e do sector cultural para amosarlles e o potencial da cidade e localizar os que serán os escenarios na programación de primavera. O Concello de Lugo, a través da súa vicealcaldía, amosou tamén o seu apoio ao proxecto e a súa vontade de converter este evento nunha oportunidade para seguir posicionando internacionalmente Lugo, unha cidade que xa conta con tres monumentos que forman parte do patrimonio da humanidade. Este partenariado acadouse grazas á colaboración da Rede Europea de Centros Culturais (European Network of Cultural Centres – ENCC), en especial, á súa directora de proxectos, Ms. Irene Fici. Pódese ampliar información ná páxina ulysseseurope.eu

LER MÁIS »

Nomear os silencios

Esta terceira sesión de Lecturas Habitadas, desenvolverase en distintos eidos de Parada do Courel, aldea na que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra. Se o tempo o permite, pola mañá leremos xuntas textos na aira, xantaremos na horta, e pola tarde seguiremos coas lecturas no interior da casa-museo acompañadas dunhas castañas asadas.

LER MÁIS »