A MIÑA CESTA

Aberta a convocatoria IIl Residencias poéticas «Ámeto Mítico» no Camiño de Santiago

Desta nova edición destaca a ampliación do cupo a 12 prazas.

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

A Fundación Uxío Novoneyra busca poetas interesados en facer o Camiño de Santiago para escribir poesía de temática xacobea

A Fundación Uxío Novoneyra convoca unha ducia (12) de residencias de escrita e peregrinación seguindo as rutas descritas en Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas, libro póstumo do poeta Uxío Novoneyra.

Desta nova edición destaca a ampliación do cupo a 12 prazas co obxectivo de reforzar a proxección internacional do programa, a suma dunha etapa desde Vilafranca ao Cebreiro e o incremento de centros de ensino implicados na actividade.

As/os poetas interesadas/os en participar deberán enviar a documentación requirida pendurada na web uxionovoneyra.com/actividades/residencias antes do 30 de xullo ao correo ametomitico@uxionovoneyra.com.

Esta terceira edición as residencias itinerantes «Ámeto Mítico» enmárcase no proxecto BE(p)ART – GROW WITH ARTS, unha iniciativa financiada con cargo ao programa Europa Creativa da Comisión Europea e, provisionalmente, continúa un ano máis co apoio da programación «O teu Xacobeo» impulsada pola Xunta de Galicia.