Novas

Inaugúrase a exposición «Uxío Novoneyra, Poeta da Terra»

A Fundación Uxío Novoneyra inaugura ás 18h unha exposición permanente na súa sede en Parada do Courel. «Uxío Novoneyra, Poeta da Terra» achega unha nova lectura dos poemas do libro cumio do poeta, Os Eidos, nesta ocasión en diálogo coa corrente da ecopoesía que, na súa acepción actual, recolle un sentir do home coa terra compenetrado en pé igualdade.

LER MÁIS »