A MIÑA CESTA

Nomear os silencios

Esta terceira sesión de Lecturas Habitadas, desenvolverase en distintos eidos de Parada do Courel, aldea na que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra. Se o tempo o permite, pola mañá leremos xuntas textos na aira, xantaremos na horta, e pola tarde seguiremos coas lecturas no interior da casa-museo acompañadas dunhas castañas asadas.

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

Esta sesión é a terceira do ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres do Courel.

Que libros leremos?

Extractos de obras moi dispares de Maria Gabriela Llansol, Eva Méndez do Roxo, Adília Lopes, Nieves Neira e algún texto sorpresa.

Um Arco Singular – Livro de Horas II de Maria Gabriela Llansol (Assírio & Alvim, 2010)

Onde vais, drama-poesia? de Maria Gabriela Llansol (Relógio D’Agua Editores, 2000)

A mullher-a-dias de Adília Lopes (2002)

Embernallúas de Eva Méndez do Roxo (Urutau, 2022)

O feitizo de Maruja Roca de Nieves Neira (aCentral Folque, 2020)

Obxectivo da sesión:

Di Maria Gabriela Llansol que “un dos efeitos do texto e permitir descobrir a linhagem a que se pertence, como o romance permitia descobrir o personagem que cada leitor desempenhava no filme da vida”. Os libros, así entendidos, vertebran esa comunidade de referencias que nos axuda a entender o noso lugar no mundo. Porén, as inercias patriarcais fan que moitas voces de mulleres e das súas vivencias non cheguen a nós. A sesión tratará de nomear algúns deses silencios, da xenealoxía familiar ou da xenealoxía que inventemos para nós.

Desenvolvemento da sesión:

Esta terceira sesión de Lecturas Habitadas, desenvolverase en distintos eidos de Parada do Courel, aldea na que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra. Se o tempo o permite, pola mañá leremos xuntas textos na aira, xantaremos na horta, e pola tarde seguiremos coas lecturas no interior da casa-museo acompañadas dunhas castañas asadas.

Nota: se algunha participante ten algún tipo de alerxia ou de tipo de dieta específica, por favor comentalo no momento da inscrición para que podamos telo en conta para o xantar.

Día: domingo 16 de outubro
Horario: 12:00 – 18.00

Onde?

Na sede da Fundación Uxío Novoneyra (Parada do Courel).

Quen guía a sesión?

Nieves Neira

Quen pode participar?

Mulleres de todas as idades interesadas na lectura.

Como podo participar?

É unha actividade gratuíta.

A organización facilitará os textos ás participantes.

Ofertamos un máximo de 12 prazas. As inscricións deben formalizarse no correo info@uxionovoneyra.com. No texto do correo facilitaranse os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono.

Comunicaremos por teléfono ás interesadas que acaden praza  e elaboraremos unha listaxe de agarda por orde de chegada das peticións.

Queres máis información sobre a actividade?

Chámanos ao teléfono +34 659888709

Lecturas habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres é unha actividade da Fundación Uxío Novoneyra dentro do marco do proxecto Book Power Erasmus+ que desenvolve accións de biblioterapia con mulleres vencelladas a espazos en risco de vulnerabilidade social en Francia, Italia e España.