| Autor/a: | Uxío Novoneyra |
|---|---|
| Editorial: | Espiral Maior, 1994 |
| ISBN: | 978-84-88137-39-5 |
| Páxinas: | 80 |
Poemas da doada certeza i este brillo premio entre as pálpebras é a derradeira entrega da obra poética de Uxío Novoneyra publicada en vida do poeta. Inaugúrana dous poemas esenciais para enteder o legado novoneyriano, “Lenda de Ith” e “Viaxe”, ambos atravesados pola afirmación da vida e a esperanza.
O volume recolle versos e caligramas do autor do Courel que dialogan con gravados de Carlos Crego e fotografías do seu amigo Federico García Cabezón, nunha fermosa edición de Espiral Maior impresa no prelo de Enrique Castro, en Carballo, no ano 1994.






