A MIÑA CESTA
Aínda non tes produtos na túa cesta.
Antoloxía de versos e prosas 1955-1999.
O volume dedicado a Lugo que o poeta quixo facer en vida, pero que non chegou a ver. Con estudo introdutorio de María Pilar García Negro.
Uxío Novoneyra, 2010
14,00€
Uxío Novoneyra, María Pilar García Negro.
de Xesús Blas Lourés, Tino Grandío e o propio autor.
Alvarellos Editora, 2010.
978–84–89323–64–3
140
Ás veces canta o Norde
unha pasión de lonxes
i as murallas pechando un gran Lugo de nebra
pechando abertas (…)
Estes versos inéditos de Uxío Novoneyra (1930-1999) abren Gran Lugo de nebra, un volume que reúne a obra dispersa, esquecida ou non publicada do autor sobre a cidade de Lugo. Doce dos textos son rigorosamente inéditos: catro poemas e oito escritos en prosa.
“Eiquí inda sigue Galicia fortemente reconocible i enteira”. Esta é a obra sobre Lugo que o poeta quixo facer en vida, á que se referiu en varias ocasións dende comezos dos anos oitenta, pero que non chegou a ver publicada. A profesora da Universidade da Coruña, María Pilar García Negro, leva a cabo un fondo estudo introdutorio sobre a obra de Novoneyra e a súa conexión coa cidade
“En Lugo, na miña ciudá, onde comencei a dormir normalmente”, escribe o poeta en 1960.
Blas Lourés ilustra as páxinas deste libro, xunto con traballos de Tino Grandío e obra visual do propio Uxío Novoneyra.
GRAN LUGO DE NEBRA reúne, en total, medio cento de composicións: 38 poemas e 13 textos en prosa, que abarcan cinco décadas de vida e devoción pola cidade amurallada, dende 1955 ata 1999, ano do falecemento do escritor.