Contos de Roxín Roxal

Pack de sete contos de Uxío Novoneyra ilustrados por Miguel Robledo. O cubil do Xabarín, Gorgorín e Cabezón, Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, A cabana de Sancor, Lucín e as paxarelas, Colorín e Mirabrouco e Vagaface, Brumalión e o can de pedra.

Contido do paquete: sete libros + audiolibros en códigos QR + caixa.

Uxío Novoneyra, 2021

40,00

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

Información adicional

Autor/a:

Uxío Novoneyra

Editorial

Fundación Uxío Novoneyra

ISBN:

978-84-121426-5-5

Se «recibir, gardar e doar» foi o paso que orientou o camiño de Novoneyra, quen tivo unha infancia plena nas terras outas e soias do Courel quixo tamén ofrecer en conto e lingua labrada esas primeiras miradas, aventuras, soños e coñecementos.

Chamoulles Contos de Roxín Roxal e imaxinounos envoltos en coiro e manuscritos, perdidos e atopados. Tres deles xa foran publicados por el na década dos 90: O cubil do Xabarín (1990), Gorgorín e Cabezón (1992), Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998). Os outros catro que acompañan este volume, (A cabana de Sancor, Lucín e as paxarelas, Colorín e Mirabrouco e Vagaface, Brumalión e o can de pedra) durmiron nun caixón da súa casa natal, ata seren atopados, case coma el mesmo imaxinou.

Ilustrados por Miguel Robledo, acompañados por glosarios nos que o autor quixo soster cada verba, nos contos de Novoneyra nada é alleo, coma tampouco o foi na súa súa obra: a plenitude dos seres e da terra, os soños últimos, a voz fronte a inxustiza, a celebración da amizade, o amor feliz e o canto.

Nos medios