A MIÑA CESTA
Aínda non tes produtos na túa cesta.
Coidada edición que, a xeito de necesario homenaxe, recolle unha selección de traballos e series fotográficas de Federico García Cabezón, artista heterodoxo que dá testemuño de primeira man de episodios clave na historia máis recente de Galicia, coma o despoboamento do rural ou a catástrofe do Prestige.
Federico García Cabezón, 2019
50,00€
Das fotografías: Federico García Cabezón.
Dos textos: T. Behrens, Uxío Novoneyra, Xoel López, Xulio López Valcárcel, Felipe Senén, Adolfo Ribas, Suso de Toro, Branca Novoneyra
ITH – Fundación Uxío Novoneyra
978-84-941161-6-2
132
Coidada edición que, a xeito de necesario homenaxe, recolle unha selección de traballos e series fotográficas de Federico García Cabezón, artista heterodoxo que dá testemuño de primeira man de episodios clave na historia máis recente de Galicia, coma o despoboamento do rural ou a catástrofe do Prestige.
Federico García Cabezón suma catro décadas de labor fotográfica, á que chega a través da súa profesión de médico rural nun dos territorios máis illados de Galicia, a serra do Courel.
Con el corazón en el ojo recolle tanto as instantáneas que caracterizan a súa traxectoria ata 1999 como tres das series nas que o fotógrafo organizou os seus traballos posteriores: “Os Últimos Labregos”, “La catástrofe del Prestige” e “Finisterráis”.
Este volume, promovido pola Fundación Uxío Novoneyra, foi posible grazas a un proxecto de financiación colectiva en goteo.org.