A Fundación

QUEN SOMOS?

20-1

A Fundación Uxío Novoneyra é un ente estatal de interese cultural constituído no ano 2011 que persegue os seguintes obxectivos:

    • A conservación e difusión do legado do poeta Uxío Novoneyra así como da súa obra e as obras da súa colección privada.
    • A promoción de actividades de estudo e investigación nos eidos da literatura, especialmente na poesía, a lingua, as artes, en especial as visuais e escénicas; e os estudos históricos e políticos.
    • A defensa do medio ambiente, especialmente o relacionado coa súa obra, no eido territorial das súas actividades.
    • A dinamización e promoción sociocultural da súa zona de referencia.
    • A potenciación e a difusión da cultura e a realidade sociocultural de Galicia no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes.

Como casa de poesía, a Fundación Uxío Novoneyra apoia proxectos singulares como as residencias itinerantes de poesía no Camiño de Santiago “Ámeto Mítico”. Entre as súas actividades destaca o proxecto Ith, unha plataforma virtual de microfinanciamento colectivo para proxectos literarios que apoia unha comunidade libre e aberta de lectores. A fundación programa cada mes de agosto o Festival dos Eidos cunha ampla programación de actividades de poesía, música, cine, danza, rutas biolóxicas, entre outras.

A recuperación e rehabilitación da casa natal de Uxío Novoneyra é un obxectivo fundamental da institución que concibe a súa sede fundacional coma centro de activación da memoria do lugar a través da poesía. Os seus espazos en proceso de recuperación acollen un arquivo documental, zonas expositivas e unha horta visitable.

A Fundación Uxío Novoneyra forma parte da Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE).

CONTACTO

info@uxionovoneyra.com
696 50 58 94

HORARIO

De venres a domingo: 17:30 – 19:00
De luns a xoves: pechado

ENDEREZO

Parada 1, Folgoso do Courel
27324 Lugo, Galicia

PADROADO

Elba Rey Martínez

Presidenta

Uxío Novo Rey

Secretario

Vogais

Branca Novo Rey
Arturo Novo Rey
Xosé Manuel Beiras Torrado
José-Luis Cochón Touriño
Antón-Manuel Patiño Pérez
Federico García-Cabezón García
Anxo Pastor González
Nieves Neira
María Díaz Rei
Asociación Ecolóxico Cultural Sos Courel
Concello de Folgoso de Courel
Real Academia Galega
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Universidade da Coruña

A Fundación quere lembrar aquelas outras persoas que foron parte deste padroado, agradecendo sempre o seu apoio e labor:

Manuel Neira e Pol (†)
Ana Gloria Rei Martínez  (†)
Lola Castro
Antón Bao
Mario Outeiro
Elena Candia
Pilar García Porto
Xosé Lois García
Isidro  Novo (†)
Pepe Leira (†)