Este fondo céntrase na historia da Casa da Fonte, casa natal de Uxío en Parada do Courel (actual sede da fundación), e na súa familia, a liñaxe Neyra e Pol. Esta documentación ten un gran valor histórico polo seu reflexo da fidalguía rural galega na montaña con documentos datados dende o século XVI a través de foros, pleitos, inventarios de compraventa…
É unha fiestra aberta á vida cotiá da montaña no pasado.