II Festival dos Eidos de Outono: música, poesía e natureza
A extensión musical do Festival dos Eidos celebrase do 30 de outubro ao 1 de novembro entre sede da Fundación en Parada e Folgoso do Courel. Agardámosvos para unha lectura conxunta dos Eidos de Novoneyra.
Neves Seara e Tamara Andrés presentan Matrias Illadas
A exposición fotográfica que vertebra o proxecto instalarase na Casa-Escola de María Mariño, rehabilitada no ano 2018 por solicitude da FUN, entidade que a custodia. O venres 22, ademais da apertura da exposición, tamén se presentará o libro que integra o proxecto e compartiranse poemas escritos no marco do mesmo.
A Fundación Uxío Novoneyra entra na directiva de ACAMFE
A Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores renovou a súa xunta directiva na Asemblea Xeral anual celebrada o 30 de setembro da Residencia de Estudantes de Madrid.
Segunda reunión xeral e Congreso Internacional rurAllure
A segunda reunión xeral do proxecto europeo rurAllure celebrouse os días 8, 9 e 10 de setembro en Vila do Conde, Portugal, en paralelo ao primeiro Congreso Internacional promovido por este Horizonte 2020. Representantes das entidades socio do Consorcio, entre as que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra, reuníronse para



