A MIÑA CESTA
Aínda non tes produtos na túa cesta.
Os Eidos, un clásico contemporáneo da literatura galega, por primeira vez en lingua inglesa. Edición bilingüe.
Uxío Novoneyra, Erín Moure (trad.), 2020
20,00€
Uxío Novoneyra, Erín Moure (trad.)
Veliz Books
978-19-49776-04-1
127
Os Eidos, un clásico contemporáneo da literatura galega, por primeira vez en lingua inglesa. A poeta canadiana Erín Moure traduce o poemario máis emblemática de Uxío Novoneyra neste volume promovido pola Fundación e publicado pola casa norteamericana Veliz Books. Nel, Moure encaixa a Novoneyra no concepto anglosaxón da ecopoetry, conectando o compromiso do autor coa súa terra, a montaña do Courel, a súa lingua, e os nomes e costumes do seu pobo; coa expresión das culturas minoritarias e a loita da liberdade fronte ao imperialismo, a guerra e o expansionismo económico.
A tradutora sitúa a Novoneyra, poeta e home da terra, xunto a Lorca como «poetas visionarios da España do século XX» e apunta:
A súa obra, rica en son, verbo, silencio e xesto, revélao como un ecopoeta antes de que existise o concepto. Os Eidos (The Uplands), publicado por primeira vez en 1955 e aínda impreso na actualidade, é a súa obra monumental.
Erin Moure (Alberta, 1955) é poeta, ensaista e tradutora, autora dunha obra recoñecida con diversos premios. Canadense de orixes galegos, mantén unha estreita relación coa nosa lingua e territorio.
En colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra traduciu tamén o ensaio co-escrito polo poeta e o filósofo Emilio Araúxo Dos soños teimosos ao inglés baixo o título Of Stubborn Dreams
Erin Moure