A MIÑA CESTA
Aínda non tes produtos na túa cesta.
Volve rompente
«Un chisco beat e un chisco guerrilleiros», o colectivo no que soan os nomes de Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño retorna 40 anos despois: teiman na poesía e volven dirixirse a palabra aínda que seguen falando sós.
Uxío Novoneyra, 2011
35,00€
VV.AA. Ilustracións: Menchu Lamas & Antón Patiño. Limiar: Julián Hernández
Elvira
978-84-122609-1-5
288
VOLVE ROMPENTE. Entre 1976 e 1983, Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño mantiveron viva unha actitude literaria rompedora en Galicia que comezou chamándose Grupo de Resistencia Poética e desembocou no que marcaría as súas vidas: O Grupo de Comunicación Poética Rompente. Publicaban poemas con aquela técnica de impresión coñecida como «vietnamita» e multicopias con clixés. Eran, en doses inexactas, un chisco «beat» e un chisco guerrilleiros.
Avendaño, Reixa e Romón fundaron Rompente Edicións e publicaron «Silabario da turbina» (1978) e «A dama que fala» (1983). En 1979, a serie Tres Tristes Trigues vería a publicación de 3 libros de autor: «As Ladillas do Travesti» (Reixa), «galletas kokoshka non» (Romón) e «Facer Pulgarcitos Tres» (Avendaño). Logo, reecontraríanse na antoloxía poética «Upalás» (1998).
Facían «performances» e estaban obsesionados coa linguaxe «multimedia». Subíanse a escenarios con músicos como Julian Hernández (antes de que se fundase Siniestro Total), e colaboraban con pintores como Menchu Lamas e Antón Patiño para visualizar a súa expresión poética. Hoxe, uns 40 anos despois, teiman na poesía e volven dirixirse a palabra aínda que seguen falando sós.