A MIÑA CESTA
Aínda non tes produtos na túa cesta.
Reedición deste título, publicado en 1986, no que Uxío Novonyera recolleu a súa poesía amorosa. Un fermoso volume de gran formato ilustrado polo pintor lugués Carlos Pardo Teijeiro, prologado por Luís Cochón e acompañado dun epílogo crítico de Claudio Rodríguez Fer.
Uxío Novoneyra, 2011
30,00€
Uxío Novoneyra
Deputación Provincial de Lugo, 2011
978-84-8192-458-9
92
Muller pra lonxe (Deputación de Lugo, 1986) é o libro no que Uxío Novoneyra compilou a súa poesía amorosa e erótica. En 2011 a mesma institución reedita este título imprescindible nun coidado volume de gran formato.
O libro recolle unha escolma de vinte poemas atravesados polo sentimento e a intensidade. Achega tamén unha prosa poética e varias composicións caligráficas que dialogan con fermosas ilustracións a cargo do pintor lugués Carlos Pardo Teijeiro. Luís Cochón e Claudio Rodríguez Fer asinan os dous estudos crítico que acompañan a edición e que actúan, respectivamente, a modo de prólogo e epílogo.
En Muller pra lonxeUxío Novoneyra, cunha gran delicadeza, fala dun amor múltiple que vai do lamento a celebración, da perda a liberación, un amor fundado na terra, no pobo, na muller, na amizade, na comunidade; un amor que céntrase na súa poética coma esencia vital da creación.
Unha das súas “deitelas” (teima repetida, discurso insistente na fala do Courel) é o amor, pero trátase sempre do amor vivido, do amor experimentado. Se o amor forma parte do seu dicir poético é porque do mesmo tivo unha intensa vivencia previa.
Francisco Martínez Bouzas en Novenoites