Lampíricos

Sete anos despois da estrea de Lampíricos publicamos os poemas que estruturaban ese traballo, unha performance de Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) que se puido ver na sede Fundación Novoneyra en Parada do Courel, en agosto de 2014.

Antón Lopo, 2020

18,00

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

Información adicional

Autor/a:

Antón Lopo

Editorial:

Fundación Uxío Novoneyra, 2020

ISBN:

978-84-121426-0-0

Páxinas:

62

Sete anos despois da estrea de Lampíricos publicamos os poemas que estruturaban ese traballo, unha performance de Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) que se puido ver na sede Fundación Novoneyra en Parada do Courel, en agosto de 2014.

Non resulta fácil trasladar ao papel unha obra de tanta presenza física, que transformaba os espazos onde se instalaba e se iluminaba cun avanzado concepto de autosuficiencia enerxética. A música, as pezas audiovisuais, o vestiario ou o movemento despréndense de <em>Lampíricos</em> para deixar espidas as palabras do home dismoderno, ese poeta sen embigo, antiplacentario e cosanguíneo que os ofrece a historia da súa vida desde a perspectiva da expulsión. Non está só na travesía. Con el viaxan as voces que oe durante a súa desaparición e os corpos que sobreviven de desafiar os seus propios símbolos de desexo.

Estamos ante un libro que escoita nas interferencias lingüísticas, premonitorio en moitos aspectos da sociedade actual e lúcido á hora de resituar o poeta no mesmo instante en que desaparece o poema.

Anton Lopo “Lampíricos” from Tono Arias on Vimeo.

Presentación do libro en Culturgal 2020