Antoloxía poética da escola labrega luguesa

De Leiras Pulpeiro a Novoneyra

Antoloxía de sete voces poéticas esenciais enraigadas nas terras de Lugo e o seu mundo labrego.

Xose Lois García (ant.), 2013

15,00

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

Información adicional

Autor/a:

Xose Lois García (ant.)

Editorial:

Fundación Uxío Novoneyra, 2013

ISBN:

978-84-15045-18-2

Páxinas:

159

Antoloxía poética da Escola Labrega luguesa: De Leiras Pulpeiro a Novoneyra é o resultado dun proxecto nado da colaboración entre Xose Lois García e o propio Uxío Novoneyra a comezo dos anos 90. Vinte anos despois a Fundación edita este volume  no que, a través de sete voces esenciais, perfílase unha creación poética singular íntimamente ligada á provincia de Lugo e o seu mundo rural.

O poeta e ensaísta Xose Lois García (Merlán, 1945) escolma e prologa os sete autores recollidos nesta antoloxía: Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Noriega Varela, Xosé Crecente Vega, Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Díaz Castro, Manuel María e o propio Uxío Novoneyra.  Sete voces fundamentais da poesía galega que, como reza o prólogo, «teimaron en reconstruír ese monumento poético onde as intimidades labregas teñen un acento particular, cargado de amor e de misterio».

O libro, un dos primeiros números da colección Valumbo, reproduce na súa portada un gravado de Novoneyra que leva por título o Lobican.