Categorías
Novas

Segunda reunión xeral e Congreso Internacional rurAllure

Máis de vinte representates das 16 entidades membro do consorcio internacional rurAllure participaron neste evento, marcado polo lanzamento das iniciativas piloto o pasado mes de xuño. O piloto adicado ao patrimonio literario nos Camiños de Santiago está liderado pola Fundación Uxío Novoneyra.

O evento foi organizado polo municipio portugués de Vila do Conde, tamén participante no piloto xacobeo, en coordinación coa Universidade de Vigo (socio líder). O encontro desenvolveuse coma ferramenta de seguimento dos avances de rurAllure, a súa sustentabilidade e obxectivos a longo prazo.

Ao longo dos 3 días de reunións presentouse o plan de diseminación e explotación de resultados do proxecto, xa remitido á Comisión Europea o pasado mes de xuño, así como os primeiros pasos de cada un dos catro sub-proxectos piloto, lanzados no mes de xuño. Tamén se presentou unha primeira versión beta da plataforma en liña desenvolvida por GVAM, socio tecnolóxico de rurAllure. Nela reuniranse e poranse a disposición do público os resultados do proxecto; co obxectivo final de construír novos produtos turísticos que acheguen valor engadido aos camiños de peregrinación e favorezan o desenvolvemento das zonas rurais nas súas marxes.

En paralelo a reunión, os participantes asistiron ao primeiro  Congreso Científico Internacional de Promoción do patrimonio cultural e dos museos no contexto rural, un percorrido polo uso das tecnoloxías da información no sector turístico hoxe e as súas posibilidades para mellorar e expandir a experiencia de lugar ao redor do patrimonio. O evento contou coa presencia de especialistas e investigadores como Jordi Tresseras, Lúcia Rosas, Carolina Sousa, Mariana Cardoso da Silva ou José María Lucas Tobajas, sumando en total máis dun cento de participantes.

Ao respecto destes eventos, a alcaldesa de Vila do Conde, Maria Elisa Ferraz, subliñou o impacto económico, social e cultural da peregrinación e a súa importancia para a promoción do Slow Tourism: “Non é casual que Vila do Conde fose elixido para un evento destas características: é unha cidade de poetas e artistas que con seu traballo contribuíron a enriquecer e mellorar a experiencia de viaxeiros e peregrinos”.

rurAllure é un proxecto europeo a 3 anos financiado con cargo ao programa marco Horizonte 2020. Centrado na promoción do patrimonio rural na contorna das rutas de peregrinación, desenvolve catro sub-proxectos piloto: patrimonio literario nos Camiños de Santiago, patrimonio termal nos Camiños a Roma, patrimonio etnográfico nos Camiños á Trondheim (Ruta de San Olav) e patrimonio natural no Camiño da Virxe (Mária Út Közhasznú Egyesület). O consorcio está liderado pola Universidade de Vigo e intégrano GVAM Guías Interactivas S.L. (ES), Universidad Autónoma de Madrid (ES), Fundación Uxío Novoneyra (ES), Universidade da Coruña (ES), Câmara Municipal de Vila do Conde (PT), Kormányzati Informatikai Fejlesztési Ügynökség (HU), Mária Út Közhasznú Egyesület (HU), Comenius University in Bratislava (SK), Slovak University of Technology in Bratislava (SK), Università degli Studi di Padova (IT), Fondazione Homo Viator San Teobaldo (IT), Associazione Europea Vie Francigene (IT), Università degli Studi di Bologna (IT), Norwegian University of Science and Technology (NO), IUAV – University of Venice (IT).

🌐 rurallure.eu  📧contact@rurallure.eu 📄 Press Kit (GL)