Categorías
Novas

Lois Diéguez presentará “As voces amadas” na casa de Novoneyra

O escritor lemavo, que rematou a novela durante unha estancia na casa do poeta, fará entrega do derradeiro capítulo manuscrito da mesma para a o arquivo da Fundación.

Lois Diéguez presentará o vindeiro domingo 5 de marzo a súa última narración As voces amadas, publicada pola editorial Galaxia, xunto a actriz María Barcala, o dramaturgo Xulio Lago e a presidenta da Fundación Uxío Novoneyra e viúva do poeta, Elba Rei, nun encontro no que o autor, grande amigo do poeta, visitará tamén a casa-museo, proxecto do que sempre foi un firme promotor, acompañado polo padroado da Fundación e os asistentes, como xa ten feito nas xeiras de Lugopatrimonio.

Histórico defensor dos dereitos do noso País, a obra literaria do novelista, toda en lingua galega, anque fundamentalmente narrativa, principia coa publicación de A torre de Babel en 1968, O tempo sen saída, Galou Z28, A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor en 1986) ou Artusa, destinada esta última ao público infantil e xuvenil.

A súa obra poética está recollida en libros como Albre de espranza, publicada en Xistral en 1966, ao que seguiron Canciós pra un agromar branco i azul no 1968 ou O ferro dos días, de 1982, que conteñen poemas como o célebre “Eu son a voz do pobo”, que se converteu nunha das cancións emblemáticas de Voces Ceibes.

Máis información:
info@uxionovoneyra.com
Branca: 659888709