Categorías
Novas

Lecturas habitadas. Sesións de Biblioterapia para Mulleres

Este verán programamos tres sesións de biblioterapia que teñen como obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino. En cada sesión leremos fragmentos escollidos de libros de autoras como Olga Novo, Margarite Duras, Lupe Gómez, Macha Méril, María Sánchez, Susana Sánchez Arins, Irene Sòla, Eva Méndez do Roxo, Ana Moreiras, Gudrun Pausewang, Pia Rota Fo e Hélène Bessette, entre outras, co obxectivo de abrir un espazo creativo arredor da literatura escrita por mulleres.

Durante as tres sesións descubriremos pequenos cambios guiados polos seguintes temas:

  • 30 de Xullo:  Habitar a natureza salvaxe por Branca Novoneyra
  • 13 de Agosto: Lembrar e reconstruírse por Lucía Miranda Morla
  • 10 de Setembro:  Nomear os silencios por Nieves Neira Roca

Horario: de 12h. á 17h.

Comida ao aire libre (14h-15h).

Onde?

Na sede da Fundación Uxío Novoneyra e no Souto da Rubial (Parada do Courel).

Quen pode participar?

Mulleres de todas as idades interesadas na lectura.

Como podo participar?

É unha actividade de balde. Ofertamos un máximo de 12 prazas por sesión.

As inscricións deben formalizarse antes do 27 de xullo no correo info@uxionovoneyra.com. No asunto indicarase o título da/s sesión/s de interese e no texto do correo facilitaranse os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono. 

Comunicaremos por teléfono ás interesadas que acaden praza  e ordearemos unha listaxe de agarda por orde de chegada das peticións.

Queres máis información sobre a actividade?

Escríbenos a info@uxionovoneyra.com

Lecturas habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres é unha actividade da Fundación Uxío Novoneyra dentro do marco do proxecto Book Power Erasmus+ que desenvolve accións de biblioterapia con mulleres vencelladas a espazos en risco de vulnerabilidade social en Francia, Italia e España.