skip to Main Content

A Fundación Uxío Novoneyra, ente estatal de interese cultural, constituída no ano 2011, persegue os seguintes obxectivos:

  1. A conservación e difusión do legado do poeta Uxío Novoneyra así como da súa obra e as obras da súa colección privada.
  2. A promoción de actividades de estudo e investigación nos eidos da literatura, especialmente na poesía; a lingua, as artes, en especial as pictóricas e escénicas; e os estudos históricos e políticos.
  3. A defensa do medio ambiente, en especial o relacionado coa súa obra, no eido territorial das súas actividades.
  4. A dinamización e promoción sociocultural da súa zona de referencia.
  5. A potenciación e a difusión da cultura e a realidade sociocultural de Galicia no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes.

Como casa de poesía apoia proxectos literarios singulares como as residencias itinerantes no Camiño de Santiago “Ámeto Mítico”.

Dentro do seu programa de actividades destaca o proxecto Ith, unha plataforma virtual de microfinanciamento colectivo para proxectos literarios que procura a vertebración dunha comunidade libre e aberta de lectores; e o Festival dos Eidos que celebra cada agosto o libro máis emblemático de Uxío Novoneyra (“Os Eidos”) con poesía, música, cine, danza e numerosas actividades culturais.

A recuperación da casa do poeta e sede fundacional ten como prioridade a activación da memoria la poesía galega e universal. Os seus espazos, en proceso de recuperación, albergaran un arquivo documental, zonas expositivas e unha horta aberta a actividades ao aire libre.

A constitución do Padroado da Fundación Uxío Novoneyra é a seguinte:

  1. Elba Rey Martínez, Presidenta.
  2. Uxío Novo Rey, Responsable de Xestión
  3. Vogais: Doña Ana-Gloria Rey Martínez, doña Branca-Petra Novo Rey, don Arturo Novo Rey, don Xose-Manuel Beiras Torrado, don Xose Lois García, don José-Luis Cochón Touriño, don Antón-Manuel Patiño Pérez, don Federico García-Cabezón García, don Anxo Pastor González, don Francisco-Javier Paz Garza, el Municipio de Folgoso de Courel (Lugo), «A Real Academia Galega»; «A Asociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega»; «A Asociación Ecoloxico Cultural Sos Courel»; «Rei Zentolo, S.L.», e «A Universidade de A Coruña».

 

Back To Top