O domingo 21 de xullo, no ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres no Courel, leremos extractos das seguintes autoras e haberá tamén poemas e outros textos sorpresa
Aquí yace el corazón de Mercedes de Acosta (Mundos Flotantes, 2024)
Moderato cantabile de Marguerite Duras (Tusquets, 1985)
La otra hija de Annie Ernaux (Cabaret Voltaire, 2023)
Fille de Camille Laurens (Gallimard, 2020)
Obxectivos da sesión:
- Estimular o empoderamento e a capacidade creadora. “Vidas fascinantes” é unha sesión na que conversaremos sobre a autoficción, o diario e a autobiografía, e tamén repensaremos a figura da “filla”, afastándonos da perspectiva clásica de análise da maternidade dende a figura da nai. Dende unha “vida fascinante” de principios do século XX embarcarémonos nunha viaxe literaria cara ó inédito e engaiolante que pode atoparse no feito cotián.
- Fomentar unha ollada diferente sobre a nosas propias vivencias e potenciar a nosa creatividade mediante a lectura colectiva de obras escritas por mulleres e a conversa e comentario sobre os textos lidos.
Desenvolvemento da sesión:
Celebraremos esta sesión en distintos espazos de Parada do Courel, aldea na que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra. Trala primeira toma de contacto o venres 19 de xullo e a celebración do primeiro monográfico o sábado 20, nesta terceira e derradeira sesión comezaremos na horta da Casa-Museo, daremos un paseo pola aldea e xantaremos xuntas; e pola tarde continuaremos coas lecturas e a conversa na chancela a carón da Casa-Museo.
Importante: podes participar nas sesións separadamente ou no ciclo completo.
Inscrición:
Ofertamos 12 prazas que reservare,ps por orde de recepción das solicitudes no correo branca@uxionovoneyra.com
Precisamos que compartadess os seguintes datos no corpo do correo: nome e apelidos, documento de identidade, enderezo e teléfono de contacto. A
Podes asistir ao ciclo completo ou escoller soamente esta sesión monográfica. Precisamos que concretes a túa intención de asistir ao ciclo completo ou que indiques o título da sesión monográfica á que desexas asistir.
Nota: se algunha participante ten algún tipo de alerxia ou precisa un tipo de dieta específica, por favor comentádeo no momento da inscrición para que poidamos telo en conta para o xantar.