Transparencia

A Fundación Uxío Novoneyra é unha fundación cultural de interés estatal constituida o 1 de abril de 2011 por familia e amizades do poeta Uxío Novoneyra, exercendo a presidencia da mesma a súa viúva, dona Elba Rey Martínez.

A Fundación está inscrita no Rexistro de Fundacións de competencia estatal do Ministerio de Xustiza, co número 1037CUL e baixo o Protectorado do Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España

  • Orde ECD/578/2012, de 5 de marzo, pola que se inscribe no Rexistro de Fundacións a Fundación Uxío Novoneyra. Ver no BOE

Os fins da fundación, de acordo aos seus estatutos son:

  • A conservación e difusión do legado do poeta Uxío Novoneyra así como da súa obra e as obras da súa colección privada.
  • A promoción de actividades de estudo e investigación nos eidos da literatura, especialmente na poesía, a lingua, as artes, en especial as visuais e escénicas; e os estudos históricos e políticos.
  • A defensa do medio ambiente, especialmente o relacionado coa súa obra, no eido territorial das súas actividades.
  • A dinamización e promoción socioeconómica e cultural da súa zona de referencia.
  • A potenciación e a difusión da cultura e a realidade sociocultural de Galicia no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes.

Para a consecución dos fins referidos, a Fundación realizará as siguientes actividades:

  • A catalogación, desenvolvemento e conservación dun arquivo documental e artístico, e de toda a información relacionada coa figura de Uxío Novoneyra.
  • A divulgación da obra de Uxío Novoneyra, as obras da súa colección privada e do seu arquivo documental e artístico.
  • A formación de artistas e estudiosos nos campos anteriores e calquera outros relacionado cos mesmos.
  • A realización de actividades de fomento no ámeto cultural e social no exterior.
  • A captación dos fondos económicos necesarios para desenvolver as súas actividades.
  • Calquera outra actividade conexa ou afín as anteriores.

A Fundación ten plena liberdade para desenvolver as actividades que considere mais axeitadas para o cumprimento dos fíns fundacionais.

Poderá desenvolver os seus fins directamente ou de xeito indirecto, efectuando prestacións ou colaboracións con outras personas físicas ou xurídicas.

Ademais, con obxecto de obter ingresos, a fundación poderá realizar actividades mercantís ligadas aos fíns fundacionais ou que sexan complementarias ou accesorias das anteriores.

Parada do Courel, 1 baixo

Folgoso do Courel 27324

Lugo, Galicia

CIF: G27407238

Como organización sen ánimo de lucro e afectada á realización de fins de interese xeral, a Fundación Uxío Novoneyra acóllese á Lei 49/2002, do 23 de decembro de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.
  • Artigo 34 da Constitución Española, que recoñe o dereito de fundación para fins de interese xeral.
  • Lei 50/2002, do 26 de decembro, de Fundacións.
  • Real Decreto 1337/2005, do 11 de novembro, polo que se aproba oRegulamento de fundacións de competencia estatal.
  • Real Decreto 1611/2007, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de fundacións de competencia estatal.

 

  • Convenios e subvencións 2020
  • Convenios e subvencións 2019
  • Convenios e subvencións 2018