A MIÑA CESTA

Presentación da webserie ‘Ronsel de futuro: historias soterradas’ na FUN

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

Logo de presentar esta serie de ficción ambientada nos distintos espazos que conforman a Rede Museística da Deputación de Lugo nos Cines Númax e en Bos Aires, a webserie documental será emitida o vindeiro venres, 16 de decembro, ás 13 horas, en Parada do Courel.

Un ronsel de futuro trata de achegar, a través do cine, toda a inmensidade dos catro museos que forman a Rede Museística Provincial de Lugo. O obxectivo fundamental do proxecto é amosar os contidos materiais e emocionais dos Museos a través dunha historia de ficción, así como documentar a nosa historia e patrimonio.

Braulio acaba de saír do cárcere logo de cumprir unha condena por facer grafites de dinosauro no patrimonio. Para poder saír de Bonxe acepta un titor, Alexandre, que cunha metodoloxía moi peculiar, faralle ver a necesidade de realizar esta webserie documental sobre a Rede Museística como parte da súa reinserción na sociedade. Co paso dos capítulos todo encaixará na cabeza de Braulio.

O Señor López, da man de Brian Rodríguez e Rubén Pérez, son os produtores deste proxecto no que participan a propia xerente da institución Encarna Lago, artistas como Mónica Alonso e persoas de relevo na sociedade luguesa, como Pilar Yáñez ou Mónica Álvarez, contando coa colaboración do Club Sénior do Museo do Mar, o Grupo de Teatro Antas de Ulla, Espazo Lupa así como o Colexio Público de Antas.

A webserie viaxou xa a diferentes localizacións da provincia de Lugo como O Cebreiro, Foz ou Samos así como os propios museos: o Pazo de Tor, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial de Lugo e Museo do Mar.