A Casa de Uxío está sostida pola Fundación Uxío Novoneyra, que é unha fundación privada sen ánimo de lucro creada en 2009 pola sua familia, compañeiros de xeración e amigos. I é grazas á colaboración económica da cidadanía, empresas e institucións de todo o país que se mantén dende aquela.
A nosa institución quere reafirmarse na súa independencia económica e cultural e no apoio das xentes comprometidas coa Poesía e coa Cultura de Galicia e aínda que na actualidade temos un financiamento diversificado, que nos permite mantenernos independentes entendemos que cómpre percorrer camiño na procura dun mellor servizo a prol da difusión do legado de Uxío e da súa obra.