A MIÑA CESTA
Aínda non tes produtos na túa cesta.
2000 m² de horta rodean a Casa da Fonte, un espazo natural de mazairas, nogueiras, cereixais, roseiras, loureiros, carnabudos e outras moitas especies autóctonas.
Este é o escenario do Festival dos Eidos, que se celebra cada mes de agosto reunindo poesía, música, danza e natureza.
Desde aquí gózase dunha mirada privilexiada sobre os montes do Courel, especialmente desde a solaina, que olla cara á Pinza e a Lomba.
A horta conecta a través dun carreiro co Souto da Rubial, o souto do poeta, un claro na fraga courelá que da acubillo a ducias de castaños centenarios. O conxunto forma parte do Catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galicia.
Gadañarei coma nas grandes rogadas do Vrao
tralos gadañeiros sucesivos
lambendo con brío os calcaños de diante.
Ir e vir a gadaña canta a ritmo binario sobre un fondo de roxe ou río contino.