A Fundación Pública Artesanía de Galicia organiza, do 7 ao 11 de agosto, a cuarta edición de Artesanía de Galicia no Courel. A gran reserva verde de Galicia acolle este verán un programa de obradoiros de artesanía para achegarlles aos seus visitantes o saber facer dos profesionais do sector artesán galego e contribuír á difusión do valor engadido dos produtos artesanais. Na nosa Fundación Uxío Novoneyra e na Casa-Escola de María Mariño, converteranse en espazos nos que sentir a artesanía, xunto a outro lugares por toda a serra, xunto a outras Artes, toda a Cultura e a Natureza mais espectácular do noso País cun programa dividido en obradoiros de cestería, ourivería, carpintería e téxtil con prazas limitadas que requiren inscrición previa e obradoiros abertos para toda a familia sen inscrición.
Inscrición previa e xa están dispoñibles as solicitudes de participación na sección de formación nesta ligazón da páxina webhttps://artesaniadegalicia.xunta.gal/gl/formacions