| Autor/a: | Antón Lopo |
|---|---|
| Editorial: | Galaxia, 2010 |
| ISBN: | 978-84-9865-266-6 |
| Páxinas: | 164 |
Libro de memorias con apariencia de autobiografía, en A distancia do lobo o xornalista e poeta Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) utiliza a obra do Uxío Novoneyra, as súas entrevistas e discursos para reconstruír a traxectoria vital dun escritor que mantivo a liberdade como principio irrenunciable. A partir dese material, e mediante unha serie de entrevistas con Elba Rey -viúva de Novoneyra- e con amigos e persoas que o trataron en vida, trénzase unha peripecia que se inicia cos estertores da vida e conclúe na infancia.






