A MIÑA CESTA
No products in the cart.
Poesía, literatura e artes atópanse na base da Fundación Uxío Novoneyra. Desde elas activamos e apoiamos proxectos que contribúan a canalizar o valumbo creativo de ideas que atravesa o noso mundo mentres teimamos en investigar e expandir o territorio literario que é a serra do Courel.
Coa apertura da Casa da Fonte en 2010 establecemos unha programación cultural singular no Courel: roteiros, recitais, teatro, exposicións. Ademais, desde 2015 celebramos nela o Festival dos Eidos, 3 días de cultura de vangarda que cada mes de agosto axitan a aldea de Parada. O evento forma parte da rede europea de festivais literarios en zonas isoladas LITFEST; con socios na Italia, Francia, Irlanda e Portugal cos que compartimos a paixón polas letras e a súa capacidade para ser ferramenta de aprendizaxe permanente.
Damos acubillo á creación e investigación literaria a través da nosa actividade editorial e o programa de residencias artísticas itinerantes Ámeto Mítico. Tamén colaboramos coa comunidade educativa no fomento da creatividade e a expresión artística nas aulas.
O grupo de traballo da Fundación IthFunding desenvolve ferramentas para a formación, acompañamento e facilitación de proxectos culturais —propios ou de terceiros— que sexan relevantes dacordo cos nosos obxectivos fundacionais.
Grande parte da actividade fundacional é posible grazas a un traballo continuo de captura de fondos e proxectos a través de programas europeos, o que nos convirte na fundación cultural máis internacionalizada de Galicia.
A nómina de iniciativas nas que temos participado e/ou liderado, en varias ocasións declaradas como boas prácticas a nivel comunitario, permitiunos establecer unha rede internacional de alianzas estratéxicas, creando sinerxias coas que avanzar nas nosas liñas de traballo e atraer talento e oportunidades ao noso territorio.
Uxío Novoneyra foi premonitorio en denunciar a falla de atención das institucións aos modos da vida labregos e aos procesos de despoboamento que asolan o rural. Con el, na Fundación cremos que outra vida é posible e iso pasa por activar un mundo rural dinámico, diverso e sostible, implicándonos en proxectos que sumen posibilidades ao futuro destas zonas.
Exemplo de conservación da arquitectura tradicional labrega, a antiga casa do poeta é hoxe unha Casa Museo que recibe cada ano centos de visitantes. A Casa é tamén un laboratorio de proxectos e experiencias pola dinamización do territorio e a súa actividade turística: programación cultural, rotas interpretativas, obradoiros, formacións, etc. Un labor recoñecido pola Deputación de Lugo, que no ano 2020 elixiunos como unha das cinco entidades premiadas nos galardóns “Lugo Cambia” á promoción da provincia e ao seu desenvolvemento turístico.
Coa nosa actividade queremos contribuir a facer do Courel un territorio literario-natural accesible e relevante, un destino turístico sostible e xerador de oportunidades para a súa veciñanza. Nesta liña, formamos parte do proxecto rurAllure: un proxecto para investigar e conectar o patrimonio rural na contorna das grandes vías de peregrinación de Europa financiado con cargo ao programa Horizonte 2020.
Uxío Novoneyra was prophetic in denouncing the lack of attention from institutions towards rural ways of life and the depopulation processes plaguing rural areas. With him, at the Foundation, we believe that another life is possible, which involves activating a dynamic, diverse, and sustainable rural world. We engage in projects that add possibilities to the future of these areas.
An example of the conservation of traditional rural architecture, the poet’s old house is now a Museum House that receives hundreds of visitors each year. The House also serves as a laboratory for projects and experiences aimed at revitalizing the territory and its tourism activities: cultural programming, interpretative routes, workshops, training sessions, and more. Our efforts were recognized by the Deputation of Lugo, which selected us in 2020 as one of the five entities awarded in the “Lugo Cambia” awards for promoting the province and its tourism development.
Through our activities, we aim to make Courel an accessible and relevant literary-natural territory, a sustainable tourist destination that generates opportunities for its residents. In this regard, we are part of the rurAllure project: an initiative to research and connect rural heritage around Europe’s major pilgrimage routes, funded under the Horizon 2020 program.