Os Eidos. O libro do Courel

Excepcional reedición dun clásico da literatura galega contemporánea, con limiar de Olga Novo e un diccionario novoneyriano a cargo de Emilio Araúxo.

Uxío Novoneyra,2018

17,00

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

Os Eidos converteuse, xa desde a súa publicación en 1955, nun dos títulos fundamentais da poesía galega do século XX. Considerado o inicio dunha corrente que diluía o persoal en favor do común, o libro naceu durante a convalecencia de Novoneyra por unha grave pleuresía entre 1952 e 1954. Nesa convalecencia —aseguraba o poeta— a súa mirada abriuse a unha percepción directa das cousas, dos seres e da terra, o cal lle permitiu concibir a propia terra como unha forma onde se escribe algo que se nos segue a dicir, sen interrupción. O grande misterio de Os Eidos é o de poñernos en contacto cunha memoria profunda.

As características do volume converten esta edición de Os Eidos en excepcional por varias razóns. Entre as máis subliñables, a inclusión dun dicionario novoneyriano titulado «As cores do ucedo», realizado por Emilio Araúxo, e a introdución de Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020, unha das grandes especialistas na obra do escritor courelao. O volume reproduce tamén un conxunto de caligramas relativos ao poemario.

Nos medios

Información adicional

Autor/a:

Uxío Novoneyra

Editorial:

Chan da pólvora

ISBN:

978-84-947698-2-5

Páxinas:

320