O vindeiro 1 de agosto a Fundación Uxío Novoneyra organiza, un ano máis, Ruta Ámeto Mítico en colaboración con Marcos Reinoso (Pía Páxaro) e Nieves Neira. O roteiro, que parte da programación expandida do Festival dos Eidos que terá lugar en Parada do Courel entre o 25 e o 27 de agosto, segue os pasos do camiño tradicional que conectaba O Courel cos Ancares a través de Pedrafita de Cebreiro, onde tiña lugar a feira que centralizaba a vida económica e social das dúas comarcas.
As persoas participantes camiñarán entre O Cebreiro e Pacios mentres gozan dunha ruta de interpretación xeopoética baseada na escoita, lectura e interpretación de poemas do libro de poemas Ámeto Mítico. Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago e outra rotas de Uxío Novoneyra cos topónimos xeolocalizados
O itinerario, celebrado semestralmente, forma parte da estratexia rurallure que ten como obxectivo dar a coñecer aos usuarios das grandes vías de peregrinación europeas o patrimonio cultural e natural situado no seu perímetro.
Para inscribirte, debes enviar un e-mail solicitándoo no enderezo administracion@uxionovoneyra.com.