Categorías
Novas

As ‘Capacidades Salvaxes’ serán protagonistas do primeiro monográfico das Lecturas Habitadas. Sesións de Biblioterapia para Mulleres

O día vinte de xullo, durante a primeira sesión do ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres do Courel, leremos poemas e extratos das seguintes obras:

Bibliotecarias a caballo de Concha Pasamar (A Fin de Cuentos, 2022)

Sonora de Chus Pato (Xerais, 2023)

Arawak de Paloma Kuns (Tango Girafe, 2024)

Ultramarinos de Mariette Navarro (Irradiador, 2022)

As Jermaine de María Alonso Seisdedos (Galaxia, 2024)

El mundo en el que vivo de Hellen Keller (Atalanta, 2012)

Obxectivos da sesión:
Espertar a capacidade creadora e o empoderamento. Procuraremos repensar e incrementar as nosas capacidades a través da lectura en grupo de obras de diversos xéneros escritas por mulleres. Comentaremos lecturas conectadas coas nosas capacidades dun xeito consciente a través da lectura colectiva.

Desenvolvemento da sesión:
Celebraremos esta sesión en distintos espazos de Parada do Courel, aldea na que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra; pola maná presentarémonos e leremos xuntas no Souto da Rubial, xantaremos na horta da Casa-Museo, e pola tarde continuaremos coas lecturas no curral e afondaremos no debate cos textos escollidos.

Inscrición:
Ofertamos 12 prazas que outorgaremos por orde de recepción das solicitudes no correo branca@uxionovoneyra.com

Precisamos que compartas os seguintes datos no corpo do correo: nome e apelidos, Documento de identidade, enderezo e teléfono de contacto. As prazas serán outorgadas por orde da recepción das solicitudes e comunicadas por correo electrónico.

Podes asistir ao ciclo completo ou escoller esta sesión monográfica. Precisamos que concretes a túa intención de asistir ao ciclo completo ou que indiques o título da sesión monográfica á que desexas asistir.

Nota: se algunha participante ten algún tipo de alerxia ou de tipo de dieta específica, por favor comentalo no momento da inscrición para que podamos telo en conta para o xantar.

 

Categorías
Novas

Aberto o prazo de inscrición para o ciclo ‘Lecturas habitadas: Sesións de biblioterapia para mulleres’

A terceira edición terá lugar entre o 19 e o 21 de xullo na Fundación Uxío Novoneyra no Courel co obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino a través da lectura.

Durante tres xornadas consecutivas leremos e conversaremos xuntas arredor dos seguintes temas:

  • 19 de xullo: “Unha introdución á biblioterapia” guían Branca Novoneyra e Lucía Miranda Morla.
  • 20 de xullo: “Capacidades salvaxes” guía Branca Novoneyra.
  • 21 de xullo: “Vidas fascinantes” guía Lucía Miranda Morla.

Quen pode participar?

  • Mulleres de todas as idades interesadas na lectura.

Que leremos?

  • Leremos novidades e non repetiremos antigas lecturas. Abriremos o encontro cunha sesión dedicada a coñecer as orixes e o desenvolvemento da biblioterapia. Faremos unha breve presentación da disciplina e leremos fragmentos de textos escollidos para descubrir a súa aplicación actual.
  • Durante a sesión monográfica dedicada ás “Capacidades salvaxes” leremos fragmentos de obras de autoras como Hellen Keller, Chus Pato, Mariette Navarro, Concha Pasamar e Paloma Kuns.
  • A sesión de peche dedicarémola a lecturas sobre memoria e feminidade, descubriremos algunha autora relevante aínda que esquecida e recuperaremos outras escritoras máis coñecidas, nunha sesión titulada “Vidas fascinantes” con textos de Camille Laurens, Mercedes de Acosta, Julia Kerninon, e Annie Ernaux entre outras.
  • O obxectivo das Lecturas Habitadas é abrir un espazo de lectura creativa e pensamento crítico arredor da literatura escrita por mulleres.

Cando?

  • Días e horarios: 19, 20 e 21 de Xullo.
  • O venres 19, entre 17.30h a 20.00h, e o sábado 20 e domingo 21, entre 12h. á 17h.
  • Xantaremos ao aire libre na horta da Fundación Uxío Novoneyra (14.30h – 15.30h). 

Onde?

  • Na sede e arredores da Fundación Uxío Novoneyra, na aldea de Parada, no Courel.

Como podo participar?

  • É unha actividade de balde.
  • Abrimos o prazo de inscrición o martes 18 de xuño e pechámolo o mércores 17 de xullo. Ofertamos 12 prazas que outorgaremos por orde de recepción das solicitudes no correo branca@uxionovoneyra.com
  • Precisamos que compartas os seguintes datos no corpo do correo: nome e apelidos, Documento de identidade, enderezo e teléfono de contacto. As prazas serán outorgadas por orde da recepción das solicitudes e comunicadas por correo electrónico.
  • Podes asistir ao ciclo completo ou escoller algunha sesión monográfica. Precisamos que concretes a túa intención de asistir ao ciclo completo ou que indiques o título da/s sesión/s monográfica/s á/ás que desexas asistir.

As Lecturas habitadas: Sesións de biblioterapia para mulleres son un ciclo de actividades lectoras iniciadas no marco do proxecto Bookpower Erasmus+ (2021-2022). 

Esta terceira edición celebrámola dentro das actividades vencelladas ao proxecto Erasmus+ KA2 Spiral Project que ten coma obxectivos fundamentais producir currículos na área das artes inclusivas e promover a creación de estruturas de formación artística inclusiva en Europa. Atoparás máis información sobre o proxecto na web www.spiralproject.eu.