O domingo 21 de xullo, no ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres no Courel, leremos extractos das seguintes autoras e haberá tamén poemas e outros textos sorpresa
Aquí yace el corazón de Mercedes de Acosta (Mundos Flotantes, 2024)
Moderato cantabile de Marguerite Duras (Tusquets, 1985)
La otra hija de Annie Ernaux (Cabaret Voltaire, 2023)
Fille de Camille Laurens (Gallimard, 2020)
Obxectivos da sesión:
Estimular o empoderamento e a capacidade creadora. “Vidas fascinantes” é unha sesión na que conversaremos sobre a autoficción, o diario e a autobiografía, e tamén repensaremos a figura da “filla”, afastándonos da perspectiva clásica de análise da maternidade dende a figura da nai. Dende unha “vida fascinante” de principios do século XX embarcarémonos nunha viaxe literaria cara ó inédito e engaiolante que pode atoparse no feito cotián.
Fomentar unha ollada diferente sobre a nosas propias vivencias e potenciar a nosa creatividade mediante a lectura colectiva de obras escritas por mulleres e a conversa e comentario sobre os textos lidos.
Desenvolvemento da sesión:
Celebraremos esta sesión en distintos espazos de Parada do Courel, aldea na que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra. Trala primeira toma de contacto o venres 19 de xullo e a celebración do primeiro monográfico o sábado 20, nesta terceira e derradeira sesión comezaremos na horta da Casa-Museo, daremos un paseo pola aldea e xantaremos xuntas; e pola tarde continuaremos coas lecturas e a conversa na chancela a carón da Casa-Museo.
Importante: podes participar nas sesións separadamente ou no ciclo completo.
Inscrición:
Ofertamos 12 prazas que reservare,ps por orde de recepción das solicitudes no correo branca@uxionovoneyra.com
Precisamos que compartadess os seguintes datos no corpo do correo: nome e apelidos, documento de identidade, enderezo e teléfono de contacto. A
Podes asistir ao ciclo completo ou escoller soamente esta sesión monográfica. Precisamos que concretes a túa intención de asistir ao ciclo completo ou que indiques o título da sesión monográfica á que desexas asistir.
Nota: se algunha participante ten algún tipo de alerxia ou precisa un tipo de dieta específica, por favor comentádeo no momento da inscrición para que poidamos telo en conta para o xantar.
O día vinte de xullo, durante a primeira sesión do ciclo Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia para mulleres do Courel, leremos poemas e extratos das seguintes obras:
Bibliotecarias a caballo de Concha Pasamar (A Fin de Cuentos, 2022)
Sonora de Chus Pato (Xerais, 2023)
Arawak de Paloma Kuns (Tango Girafe, 2024)
Ultramarinos de Mariette Navarro (Irradiador, 2022)
As Jermaine de María Alonso Seisdedos (Galaxia, 2024)
El mundo en el que vivo de Hellen Keller (Atalanta, 2012)
Obxectivos da sesión: Espertar a capacidade creadora e o empoderamento. Procuraremos repensar e incrementar as nosas capacidades a través da lectura en grupo de obras de diversos xéneros escritas por mulleres. Comentaremos lecturas conectadas coas nosas capacidades dun xeito consciente a través da lectura colectiva.
Desenvolvemento da sesión: Celebraremos esta sesión en distintos espazos de Parada do Courel, aldea na que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra; pola maná presentarémonos e leremos xuntas no Souto da Rubial, xantaremos na horta da Casa-Museo, e pola tarde continuaremos coas lecturas no curral e afondaremos no debate cos textos escollidos.
Inscrición: Ofertamos 12 prazas que outorgaremos por orde de recepción das solicitudes no correo branca@uxionovoneyra.com
Precisamos que compartas os seguintes datos no corpo do correo: nome e apelidos, Documento de identidade, enderezo e teléfono de contacto. As prazas serán outorgadas por orde da recepción das solicitudes e comunicadas por correo electrónico.
Podes asistir ao ciclo completo ou escoller esta sesión monográfica. Precisamos que concretes a túa intención de asistir ao ciclo completo ou que indiques o título da sesión monográfica á que desexas asistir.
Nota: se algunha participante ten algún tipo de alerxia ou de tipo de dieta específica, por favor comentalo no momento da inscrición para que podamos telo en conta para o xantar.
A terceira edición terá lugar entre o 19 e o 21 de xullo na Fundación Uxío Novoneyra no Courel co obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino a través da lectura.
Durante tres xornadas consecutivas leremos e conversaremos xuntas arredor dos seguintes temas:
19 de xullo: “Unha introdución á biblioterapia” guían Branca Novoneyra e Lucía Miranda Morla.
20 de xullo: “Capacidades salvaxes” guía Branca Novoneyra.
21 de xullo: “Vidas fascinantes” guía Lucía Miranda Morla.
Quen pode participar?
Mulleres de todas as idades interesadas na lectura.
Que leremos?
Leremos novidades e non repetiremos antigas lecturas. Abriremos o encontro cunha sesión dedicada a coñecer as orixes e o desenvolvemento da biblioterapia. Faremos unha breve presentación da disciplina e leremos fragmentos de textos escollidos para descubrir a súa aplicación actual.
Durante a sesión monográfica dedicada ás “Capacidades salvaxes” leremos fragmentos de obras de autoras como Hellen Keller, Chus Pato, Mariette Navarro, Concha Pasamar e Paloma Kuns.
A sesión de peche dedicarémola a lecturas sobre memoria e feminidade, descubriremos algunha autora relevante aínda que esquecida e recuperaremos outras escritoras máis coñecidas, nunha sesión titulada “Vidas fascinantes” con textos de Camille Laurens, Mercedes de Acosta, Julia Kerninon, e Annie Ernaux entre outras.
O obxectivo das Lecturas Habitadas é abrir un espazo de lectura creativa e pensamento crítico arredor da literatura escrita por mulleres.
Cando?
Días e horarios: 19, 20 e 21 de Xullo.
O venres 19, entre 17.30h a 20.00h, e o sábado 20 e domingo 21, entre 12h. á 17h.
Xantaremos ao aire libre na horta da Fundación Uxío Novoneyra (14.30h – 15.30h).
Onde?
Na sede e arredores da Fundación Uxío Novoneyra, na aldea de Parada, no Courel.
Como podo participar?
É unha actividade de balde.
Abrimos o prazo de inscrición o martes 18 de xuño e pechámolo o mércores 17 de xullo. Ofertamos 12 prazas que outorgaremos por orde de recepción das solicitudes no correo branca@uxionovoneyra.com
Precisamos que compartas os seguintes datos no corpo do correo: nome e apelidos, Documento de identidade, enderezo e teléfono de contacto. As prazas serán outorgadas por orde da recepción das solicitudes e comunicadas por correo electrónico.
Podes asistir ao ciclo completo ou escoller algunha sesión monográfica. Precisamos que concretes a túa intención de asistir ao ciclo completo ou que indiques o título da/s sesión/s monográfica/s á/ás que desexas asistir.
As Lecturas habitadas: Sesións de biblioterapia para mulleres son un ciclo de actividades lectoras iniciadas no marco do proxecto Bookpower Erasmus+ (2021-2022).
Esta terceira edición celebrámola dentro das actividades vencelladas ao proxecto Erasmus+ KA2 Spiral Project que ten coma obxectivos fundamentais producir currículos na área das artes inclusivas e promover a creación de estruturas de formación artística inclusiva en Europa. Atoparás máis información sobre o proxecto na web www.spiralproject.eu.
O primeiro encontro sobre a lectura como ferramenta transformadora coas comunidades celebrarase o 20 e 21 de xaneiro no Hospital Psiquiátrico de Conxo (Santiago de Compostela).
Desde a Fundación Uxío Novoneyra (FUN) convocamos a todas as persoas interesadas na lectura e nos coidados a participar nun encontro durante dúas xornadas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, un lugar onde aínda ecoa aquel lema reivindicativo dos tempos finais da ditadura: “Conxo Capital da Movida Mental”. A cidade, Santiago de Compostela, o barrio, Conxo, e o seu emblemático hospital, son vizosos territorios literarios que inspiran unha conversa sen cancelas sobre a lectura, o patrimonio e os coidados para detectar cales ferramentas lectoras son máis axeitadas para coidar das comunidades vulnerábeis. Nestes intres, cando precisamos recuperar a lectura atenta para activar a diminuída capacidade crítica, debemos coidarnos con lecturas que defenden ampliación dos dereitos e as liberdades comunitarias para non retroceder neste cambio de ciclo que vivimos.
Ler polas rúas ou polos camiños, ler os clásicos e as novidades, nas bibliotecas, nas escolas, nos hospitais e ler tamén ao aire libre. Ler atentamente para curarnos, erguernos e mudar o lugar. Lemos en alto, en baixo, sós ou acompañados, lemos para outros que en ocasións non poden ler.
Coidar o modo en que lemos é o motivo destas xornadas que convocan ás persoas interesadas na lectura como unha ferramenta de resistencia. Nestes tempos de conflicto queremos pensar a lectura como experiencia de coidado contra a violencia e a censura, entón escollemos o título “Lecturas de coidado” porque rexeitamos as lecturas que nos separan ou nos enfrontan. Escollermos ler salvaxemente para mover a conciencia da comunidade.
Sábado 20 de Xaneiro 10h. Visita ao Patrimonio Invisible do Psiquiátrico de Conxo por cortesía de TRIVIUM.
11h. “Cinguir o linde, perder a testa, crebar o corazón” de Neves Seara // Intervención performática sobre un valo a piques de desaparecer. 12h Inauguración do encontro coas entidades responsables da organización e o financiamento. 12.30 Pausa-Café 13h. Conferencia: “Esta espera feroz” de Belén Gopegui.
“Quixésemos pedirlles que sobrevivir non sexa resignación, senón esta espera feroz ata que poidan vivir”, con estas palabras dirixíase en 2019 o colectivo de ficción Un pé no estribo, formado por persoas moi anciás, ás xeracións que lles seguirán. Desde que o escribiron cada vez parece máis urxente atender a aquel verso de César Vallejo: “o momento máis grave da miña vida non chegou aínda” para dicir que hoxe o momento máis grave das nosas vidas si chegou, vivimos nel, e aínda que non sempre se poida elixir o ánimo, quizá xa non nos quede tempo para o tempo da melancolía.
16h Mesa // “Lectura, patrimonio e coidados” con: – Quique Alvarellos. Escritor, xornalista e editor. Director de Alvarellos Editora. – Leo Gonzalez Pérez. Coordinador de proxectos de TRIVIUM. – Ramón Area Carracedo. Psiquiatra. Coordinador do Hospital Psiquiátrico de Conxo. – Liana Vella. Docente experta en Antropoloxía Teatral, Medical Humanities, Arte e Saúde – María Sánchez. veterinaria e escritora. Modera: Branca Novoneyra.
A cidade, o barrio e o hospital son territorios literarios. Fundándonos sobre a xeoliteratura da contorna para escoitar sobre a recuperación de narrativas inmateriais que poden mobilizan a memoria das comunidades.
Domingo 21 de Xaneiro
10h30 Mesa // “Lectura como ferramenta de intervención coas comunidades” con:
– Jesús Sueiro Justel. Médico de familia. Portavoz da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria.
– Yolanda Sanmartín Reinoso. Bibliotecaria do complexo Hospitalario Universitario de Vigo. SERGAS-Bibliosaúde.
– Carina Moreira. Mediadora do ‘Bookpower. Biblioterapia con Mulleres en Risco de Exclusión’ co Espacio Rojo.
– Nuria García Gonzalo. Terapeuta ocupacional do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
– Carlos Martínez Uzal. Coordinador de Itínera. Voluntarios en Saúde Mental.
Modera: Liana Vella
Numerosas experiencias de dinamización lectora colocan no centro a dimensión igualitaria a través da mediación coas comunidades. Coñeceremos casos de clubes de lectura, catálogos de libros saudables, grupos de biblioterapia e outras accións participadas que median coas comunidades de usuarios en centros hospitalarios, centros culturais, cívicos ou locais asociativos. Descubriremos boas prácticas lectoras que atenden as necesidades de diversal comunidades en risco de vulnerabilidade social.
12:30 Pausa-Café. 13h. Recital poético // “Poesía de Coidado” María Sánchez Antón Lopo Jaume Coll Mariné Uxue Alberdi Eñaut Elorrieta
Podes descargar o programa de “Lecturas de coidado” nesta ligazón.
QUERES ASISTIR AO ENCONTRO?
Escríbenos ao correo a administracion@uxionovoneyra.com cos seguintes datos: nome, enderezo, teléfono e correo electrónico antes do 15 de xaneiro 2024.
A segunda edición de biblioterapaia “Lecturas habitadas” celebrarase entre o 4 e o 6 de agosto na Fundación Uxío Novoneyra, en Parada de Courel, e ten como obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino.
Durante as sesións leremos fragmentos de libros escritos polas autoras: Hélène Bessette, Julia Castillo, Marguerite Duras, Louise Glück, Esther Kinski, Macha Méril, Olga Novo, Nuala O´Faolain e Virginia Woolf, entre outras, co obxectivo de abrir un espazo de lectura e pensamento creativo arredor da literatura escrita por mulleres.
Durante tres xornadas leremos xuntas e conversaremos arredor dos seguintes temas:
4 de agosto: Unha introdución: Remedios Literarios. Que é a biblioterapia? por Branca Novoneyra e Lucía Miranda Morla
5 de agosto: Habitar a natureza salvaxe por Branca Novoneyra
6 de agosto: Lembrar e reconstruírse por Lucía Miranda Morla
Cando?
Días e horarios: Durante a primeira fin de semana de agosto. O venres 4 entre 17h30 a 20h e o sábado 5 e domingo 6 entre 12h. á 17h.
Comida ao aire libre (14h30-15h30).
Onde?
Na sede e no arredor da Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel.
Quen pode participar?
Mulleres de todas as idades interesadas na lectura.
Como podo participar?
É unha actividade de balde.
Abrimos o prazo de inscrición o 7 de xuño e ofertamos un máximo de 12 prazas por sesión.
Podes asistir ao ciclo completo ou, por separado, a cada unha das sesións monográficas. Debes formalizar a inscrición antes do 1 de agosto no correo branca@uxionovoneyra.com Precisamos que indiques a intención de asistir ao ciclo completo ou que indiques o título da/s sesión/s monográfica/s á/ás que desexas asistir.
Precisamos que compartas os seguintes datos no corpo do correo: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono de contacto. As prazas serán outorgadas segundo a orde de recepción das solicitudes.
As “Lecturas habitadas: Sesións de biblioterapia para mulleres” é un ciclo de actividades lectoras iniciadas no marco do Bookpower Erasmus+. Nesta edición atópase subvencionado pola segunda convocatoria do Territorio Cultura da Axencia Galega de Industrias Culturais que ten como obxectivo ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241.
Nesta web empregamos cookies para proporcionarlle unha mellor experiencia ao lembrar as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Acepto", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Ler máis…
Este sitio web emprega cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo mesmo. As cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros porque nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies almacenaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies, pero a exclusión voluntaria dalgunhas delas pode ter impacto na súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione axeitadamente. Esta categoría só inclúe as cookies que garanten as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
As cookies que poden non ser particularmente necesarias para o funcionamento do sitio web e que se empregan especificamente para recompilar datos persoais do usuario a través de análises, anuncios e outros contidos integrados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.