Augusto Paramio, director da Oficina Europa Creativa do Ministerio de Cultura ofreceu hoxe unha conferencia na Fundación Uxío Novoneyra no contexto da programación expandida do Festival dos Eidos.
O encontro estivo orientado a representantes das administracións culturais e territoriais do Courel, como o Concello de Folgoso do Courel, a Deputación de Lugo e AGADIC e, no seu transcurso, analizouse o contido de programas de Europa Creativa de impacto positivo, como Ulysses European Odissey e Restorative Practices (AC Casa do Río), que tiveron lugar recentemente na provincia de Lugo.
Augusto Paramio informou, así mesmo, sobre os obxectivos de Europa Creativa para o período 2021-2027, unha entidade comprometida coa promoción de proxectos culturais e artísticos desde unha perspectiva transnacional sobre os eixos da mobilidade e a innovación.
Nesta ligazón podes acceder á web de Europa Creativa.