Novas

Neves Seara e Tamara Andrés presentan Matrias Illadas

A exposición fotográfica que vertebra o proxecto instalarase na Casa-Escola de María Mariño, rehabilitada no ano 2018 por solicitude da FUN, entidade que a custodia. O venres 22, ademais da apertura da exposición, tamén se presentará o libro que integra o proxecto e compartiranse poemas escritos no marco do mesmo.

LER MÁIS »

Segunda reunión xeral e Congreso Internacional rurAllure

A segunda reunión xeral do proxecto europeo rurAllure celebrouse os días 8, 9 e 10 de setembro en Vila do Conde, Portugal, en paralelo ao primeiro Congreso Internacional promovido por este Horizonte 2020. Representantes das entidades socio do Consorcio, entre as que se atopa a Fundación Uxío Novoneyra, reuníronse para pór en común os avances desta iniciativa que persegue a promoción do patrimonio cultural no eido rural na contorna dos camiños de peregrinación europeos.

LER MÁIS »