Of Stubborn Dreams: The Poetics of Uxío Novoneyra

Traducción ao inglés de Dos Soños Teimosos,  un título imprescindible para adentrarse na autopoética de Novoneyra. Nel se recollen dez anos de conversas entre o poeta e o seu amigo e filósofo Emilio Araúxo ao redor da vida e a creación poética.

Uxío Novoneyra, Emilio Araúxo, Erin Mouré (trad.), 2010

20,00

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

Información adicional

Autor/a:

Uxío Novoneyra, Emilio Araúxo, Erin Moure (trad.)

Editorial:

Fundación Uxío Novoneyra, 2010

ISBN:

978-84-94116-11-7

Páxinas

90

Traducción a inglés deste volume que recolle dez anos de conversas entre o filósofo Emilio Araúxo e o poeta Uxío Novoneyra respecto da creación e a reflexión. Obra imprescindible para adentrarse na autopoética de Novoneyra, Dos sonos teimosos percorre, nunha composición dacabalo entre o ensaio e a lírica, un legado persoal e poético que, en verbas da súa tradutora Erín Moure é “digno de ser coñecido”. A propia Erín introduce así ao autor da montaña á comunidade anglófona:

If we could merge U.S. poets C.D. Wright, Cid
Corman, and Gary Snyder, we’d have one possible
avatar for Galician poet Uxío Novoneyra.

Sobre a tradución

Erin Mouré (Alberta, 1955) é poeta, ensaista e tradutora, autora dunha obra recoñecida con diversos premios. Canadense de orixes galegos, mantén unha estreita relación coa nosa lingua e territorio. É tamén autora da primeira tradución íntegra de Os Eidos ao inglés baixo o título The Uplands.
Erin Mouré