A xeógrafa e docente Sonia María García García (A Coruña, 1972 ) asina esta publicación de carácter divulgativo que condensa todos os valores histórico-culturais e paisaxísticos dos pobos da Serra do Courel. O libro, no que a fotografía ten un especial protagonismo, afonda na relación dos seus habitantes co medio natural e pon de manifesto como este condicionou e determinou a súa economía e a súa cultura. Un traballo que rende homenaxe á montaña galega e ten por obxecto afondar no seu coñecemento polo gran público e promocionar os seus grandes atractivos como destino turístico de natureza.
Información adicional
Autor/a: | Sonia María García García |
---|---|
Editorial: | Belagua, 2016 |
ISBN: | 978-84-94175-17-6 |
Páxinas: | 176 |
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on whatsapp
WhatsApp