Lampíricos (Antón Lopo, 2020)

Sete anos despois da estrea de Lampíricos, publicamos os poemas que estruturaban ese traballo, exhibido na sede da Fundación Novoneyra e no Souto da Rubial en Parada en agosto en 2014, e no Festival dos Eidos en 2015. Trátase dun libro que escoita nas interferencias lingüísticas, premonitorio en moitos aspectos da sociedade actual e lúcido á hora de resituar o poeta no mesmo instante en que desaparece o poema.

18,00

Descrición

Sete anos despois da estrea de Lampíricos, publicamos os poemas que estruturaban ese traballo, exhibido na sede da Fundación Novoneyra en Parada do Courel durante dous días de agosto en 2014. Non resulta fácil trasladar ao papel unha obra de tanta presenza física, que transformaba os espazos onde se instalaba e se iluminaba cun avanzado concepto de autosuficiencia enerxética. A música, as pezas audiovisuais, o vestiario ou o movemento despréndense de Lampíricos para deixar espidas as palabras do home dismoderno, ese poeta sen embigo, antiplacentario e cosanguíneo que os ofrece a historia da súa vida desde a perspectiva da expulsión. Non está só na travesía. Con el viaxan as voces que oe durante a súa desaparición e os corpos que sobreviven de desafiar os seus propios símbolos de desexo. Estamos ante un libro que escoita nas interferencias lingüísticas, premonitorio en moitos aspectos da sociedade actual e lúcido á hora de resituar o poeta no mesmo instante en que desaparece o poema.

 

Valoracións

Aínda non hai valoracións.

Sé o primeiro en valorar “Lampíricos (Antón Lopo, 2020)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *