Gran Lugo de Nebra

Antoloxía de versos e prosas 1955-1999.

O volume dedicado a Lugo que o poeta quixo facer en vida, pero que non chegou a ver. Con estudo introdutorio de María Pilar García Negro.

Uxío Novoneyra, 2010

14,00

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on telegram

Additional information

Autor/a:

Uxío Novoneyra, María Pilar García Negro.

Ilustracións

de Xesús Blas Lourés, Tino Grandío e o propio autor.

Editorial:

Alvarellos Editora, 2010.

ISBN:

978–84–89323–64–3

Páxinas:

140

Ás veces canta o Norde
unha pasión de lonxes
i as murallas pechando un gran Lugo de nebra
pechando abertas (…)

Estes versos inéditos de Uxío Novoneyra (1930-1999) abren Gran Lugo de nebra, un volume que reúne  a obra dispersa, esquecida ou non publicada do autor sobre a cidade de Lugo. Doce dos textos son rigorosamente inéditos: catro poemas e oito escritos en prosa.

“Eiquí inda sigue Galicia fortemente reconocible i enteira”. Esta é a obra sobre Lugo que o poeta quixo facer en vida, á que se referiu en varias ocasións dende comezos dos anos oitenta, pero que non chegou a ver publicada. A profesora da Universidade da Coruña, María Pilar García Negro, leva a cabo un fondo estudo introdutorio sobre a obra de Novoneyra e a súa conexión coa cidade

“En Lugo, na miña ciudá, onde comencei a dormir normalmente”, escribe o poeta en 1960.

Blas Lourés ilustra as páxinas deste libro, xunto con traballos de Tino Grandío e obra visual do propio Uxío Novoneyra.

GRAN LUGO DE NEBRA reúne, en total, medio cento de composicións: 38 poemas e 13 textos en prosa, que abarcan cinco décadas de vida e devoción pola cidade amurallada, dende 1955 ata 1999, ano do falecemento do escritor.