A Fundación Uxío Novoneyra (en diante FUN) é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada a divulgar o legado do poeta Uxío Novoneyra. Entre os seus obxectivos fundacionais destaca a promoción e defensa do patrimonio literario e medioambiental galego, e a promoción sociocultural da Serra do Courel.

O concurso leva o nome de Federico García Cabezón, médico rural e fotógrafo amador, colaborador do poeta e patrón da FUN, que durante décadas fotografou as montañas e a vida dos últimos labregos do Courel.

O I Concurso de Fotografía dos Eidos. Federico García Cabezón organizado pola FUN propón a interpretación dos seguintes poemas seleccionados da obra Os Eidos do poeta courelao:
#Poema1

E INDA é nova a Terra!

#Poema2

SERRA aberta
inmensa antiga erencia!

#Poema3

VAISE vaise
o camiño d´aire do aire polo aire
camiñando por un sitio aonde nunca foi naide…

BASES DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DOS EIDOS _ FEDERICO GARCÍA CABEZÓN

A convocatoria regularase conforme as seguintes bases:

1ª PARTICIPANTES

Poderá participar calquera persoa coa excepción dos membros do xurado, familiares directos destes e os/as empregados/as da entidade organizadora do concurso.

2ª TEMÁTICA

A temática escolleita baixo o lema, Fotografía dos Eidos, é ampla e diversa. Poderán achegarse fotografías das xentes, dos lugares, das construcións, dos obxectos e da flora e da fauna, tomadas na Serra do Courel, que interpreten libremente un dos tres poemas do´Os Eidos de Novoneyra que establecen as tres categorías do concurso:

#Poema1

E INDA é nova a Terra!

#Poema2

SERRA aberta
inmensa antiga erencia!

#Poema3

VAISE vaise
o camiño d´aire do aire polo aire
camiñando por un sitio aonde nunca foi naide…

3ª OBRAS

Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras fotográficas, unha por poema. Non se aceptarán fotomontaxes, collage, ni técnicas de pintura sobre as imaxes. O formato admitido será JPG.

Serán obras orixinais, inéditas, non presentadas con anterioridade a outros certames, concursos, webs ou exhibidas en calquera outro tipo de medio dixital ou impreso.

As persoas participantes responsabilízanse de ser as únicas autoras, de que non existan dereitos a terceiros, así como de toda reclamación polos dereitos de imaxe sobre as obras que presenten ao concurso. Tamén será responsabilidade da persoa participante solicitar a autorización das persoas que puidesen aparecer na fotografía, a menos que dita fotografía fose tomada nun sitio público e da forma legalmente establecida, asumindo en calquera caso toda reclamación polos dereitos de imaxe.

Recoméndase dispor dunha versión da fotografía en alta calidade para favorecer a reprodución para poder formar parte, se é o caso, da exposición ou da serie de postais.

4ª PRESENTACIÓN

Para participar no concurso as propias persoas autoras da fotografía ou as/os titoras/es legais das mesmas (para menores de 14 anos) deben enviar un correo electrónico a arquivo@uxionovoneyra.com coa fotografía adxunta (formato JPG) e a seguinte información: número de poema ao que fai referencia, lugar da Serra do Courel onde se tomou a fotografía, nome do autor/a e lugar de empadroamento para participar no premio especial para persoas residentes na Serra do Courel.

5ª PRAZO DE ADMISIÓN

O prazo para enviar o correo electrónico coas obras será ata as 23:59 horas do 15 de novembro do 2020. Non se admitirán obras presentadas con posterioridade á data de peche.

6ª VOTACIÓN E XURADO

1. As persoas usuarias de Facebook e Instagram votarán entre o 20 e o 29 de novembro as mellores fotografías a través do número de “gústame” que teñan. As 6 fotografías de cada categoría que máis “gústame” acaden entre as dúas RRSS da FUN (Facebook e Instragram) o 29 de novembro ás 20:00 h serán as elixidas como fotografías finalistas. Aceptarase que unha persoa pode votar nas dúas RRSS e a máis dunha fotografía.

2. Posteriormente un xurado, formado por tres persoas entre membros do padroado ou colaboradores da FUN, atendendo a criterios de creatividade, calidade técnica e relación co poema escollido, seleccionarán entre as obras finalistas, as 3 fotografías premiadas.

3. O xurado será o encargado de elixir entre as obras presentadas por persoas empadroadas na Serra do Courel aquela que leva o premio especial. As persoas que compoñen o xurado e a propia FUN resérvanse o dereito de eliminar calquera fotografía do concurso no caso de interpretar que non cumpre coas bases do mesmo.

7ª PREMIOS

As 6 fotografías finalistas nas RRSS en cada categoría (cada poema) participarán na exposición fotográfica titulada Fotografía dos Eidos. As fotografías premiadas polo xurado aparecerán nunha serie de postais da FUN, sempre nomeando a persoa autora da obra fotográfica.
Ademais repartiranse para as obras seleccionadas polo xurado 3 premios:

  • Primeiro Premio: Camara Réflex Canon EOS 4000D + libro + máscara personalizada con filtros da FUN.
  • Segundo Premio: libro + máscara personalizada con filtros da FUN + cesta de produtos do Courel.
  • Terceiro Premio: libro + máscara personalizada con filtros da FUN
  • Premio especial: Outorgarase un premio especial (lote de libros + disco Uxía-Uxío + máscara personalizada con filtros da FUN) para distinguir a mellor obra presentada por persoas residentes no Courel. Para poder acceder ao premio será necesario presentar un certificado de empadroamento nun dos concellos da Serra do Courel.

8º FALLO

A FUN contactará coas persoas finalistas ao día seguinte de rematar o prazo para a votación por RRSS a través da mesma dirección e correo electrónico pola que se facilitou a fotografía. No prazo de 3 días naturais a contar dende o día seguinte á comunicación, as persoas finalistas deberán responder ao correo electrónico, acompañando este dos seus datos persoais (nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto), autorización de uso de datos e dereitos facilitada pola FUN no ANEXO I (asinada por titores legais en caso de persoas menores de idade) e o certificado de empadroamento en concellos da Serra do Courel, no caso de ser seleccionado para esa categoría.

En caso de que a persoa finalista non conteste no prazo indicado ou non cumpra algunhas das normas do concurso, poderá acceder como finalista a seguinte persoa clasificada.

O xurado fallará no mes de decembro de 2020. O prazo e medio de contacto para as persoas gañadoras será o mesmo que o anteriormente establecido.

A FUN poderá difundir os nomes das persoas gañadoras e finalistas nas súas redes sociais, na súa páxina web ou a través das canles que crea convenientes.

9ª ENTREGA

A FUN especificará con antelación ás persoas gañadoras a hora e o lugar no que se celebrará a entrega de premios. De ser o caso as persoas gañadoras deberán asistir ao acto de entrega para recoller o premio.

10ª DEREITOS DE AUTOR

A participación no concurso supón a cesión en favor da FUN dos dereitos de distribución, exhibición, reprodución, transformación e comunicación pública das imaxes para o territorio do Estado Español. Todos as persoas finalistas deberán enviar un escrito de cesión asinado neste senso (anexo I).

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de datos de Carácter Persoal e a través do formulario que se adxunta (Anexo I), cada participante presta consentimento para o tratamento dos seus datos persoais que serán incorporados á base de datos da FUN e poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición establecidos na devandita Lei, para o que deberán dirixir a súa petición á seguinte dirección: info@uxionovoneyra.com

En caso de participantes finalistas menores de idade esta documentación será asinada polos titores/as legais.

11ª aceptación DAS BASES

A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e do fallo inapelable do xurado.

ANEXO I

AUTORIZACIÓN CESIÓN DEREITOS ADULTOS

Eu D./Dna.______________________________________________________________________________, con DNI _______________________ e con domicilio en ________________________________________ Rúa________________________________________________CP___________

AUTORIZO á Fundación Uxío Novoneyra a utilizar a obra obxecto de participación no I Concurso de Fotografías dos Eidos para a súa utilización e difusión en todo tipo de soportes publicitarios físicos ou dixitais (páxina web, redes sociais, correo electrónico, entre outros) , así como para a exposición fotográfica e as postais publicitarias segundo o estipulado nas bases do Concurso.

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da normativa vixente sobre protección de datos de carácter persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal que nos facilite incluiranse na base de datos da Fundación Uxío Novoneyra, coa finalidade estipulada nas bases do I Concurso de Fotografías dos Eidos.

En calquera caso, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, para o que deberá dirixir a súa petición á seguinte dirección: info@uxionovoneyra.com

Así mesmo informámoslle que os datos solicitados non serán utilizados para ningunha outra finalidade da citada no parágrafo anterior. No caso de exercicio do dereito de cancelación a
entidade procederá á supresión da información das súas bases de datos.

En _________________, a________de______________de 2020

Asinado:

AUTORIZACIÓN CESIÓN DEREITOS MENORES IDADE

Eu D./Dna.______________________________________________________________________________, con DNI _______________________ e con domicilio en ________________________________________ Rúa________________________________________________CP___________
e como titor/a legal de ____________________________________________________________________
con DNI _________________________

AUTORIZO á Fundación Uxío Novoneyra a utilizar a obra obxecto de participación no I Concurso de Fotografías dos Eidos para a súa utilización e difusión en todo tipo de soportes publicitarios físicos ou dixitais (páxina web, redes sociais, correo electrónico, entre outros) , así como para a exposición fotográfica e as postais publicitarias segundo o estipulado nas bases do Concurso.

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da normativa vixente sobre protección de datos de carácter persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal que nos facilite incluiranse na base de datos da Fundación Uxío Novoneyra, coa finalidade estipulada nas bases do I Concurso de Fotografías dos Eidos.

En calquera caso, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, para o que deberá dirixir a súa petición á seguinte dirección: info@uxionovoneyra.com

Así mesmo informámoslle que os datos solicitados non serán utilizados para ningunha outra finalidade da citada no parágrafo anterior. No caso de exercicio do dereito de cancelación a entidade procederá á supresión da información das súas bases de datos.

En _________________, a________de______________de 2020

Asinado:

Todos os dereitos reservados