As cortes

A Casa de Parada é unha antiga casa labrega de recoñecido valor etnográfico.

As cortes, debaixo dos cuartos da casa vividoira, conectan a horta co curral. Abranguen unha superficie de 400 m² distribuidos segundo as antigas estancias de pedra, que serviron para gardar o gando ata o ano 1982. Dende que Uxío Novoneyra fixou a súa residencia en Santiago de Compostela permaneceron pechadas.

A partires de 2010 as cortes foron acondicionándose para usos culturais diversos. Hoxe acollen salas expositivas, unha cantina e mais a tenda da Fundación, onde atopar as nosas publicacións. A antiga paneira acolle, ademais, o arquivo histórico documental.

QUEN na outa tarde
anduvo a catar o aire
sabe que a sombra é máis
que unha lene escuridade.
/
O aire ten unha cousa
que se perde se un a conta.

Os Eidos, 1955