Compartir:

Uxía-o, novo Audiolibro
xa á venda!

Uxía presenta en concerto o seu novo traballo musical, unha particular homenaxe a Novoneyra na que viste de música os poemas do escritor do Courel con ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae.

UXÍA-O, novo librodisco, xa á venda!

Uxía presenta o seu novo traballo musical, unha particular homenaxe a Uxío Novoneyra na que viste de música ao poeta do Courel con ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae.

“A poesía de Uxío ten un ritmo interno que a fai moi adecuada para ser cantada”, sostén Uxía, que decidiu colaborar de novo co multi-instrumentista brasileño Sérgio Tannus “para que esta visión fose a máis actual e universal posíbel, colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da obra de Novoneyra”.

Para determinar o repertorio, Uxía e Sérgio escolleron entre os seus poemarios o que atoparon “máis próximo e familiar”, en ocasións unindo varios poemas, como é o caso de “O aire” ou “A miña sombra correndo”, transformado en alalá. Xunto ás novas composicións encóntranse tamén unha adaptación do tema “Cain as follas”, de Emilio Cao, ou “Alalás encadeados”, poema inédito incluido no disco de Uxía Meu canto (Fol Música, 2011).

PUNTOS DE VENDA

  • SANTIAGO DE COMPOSTELA: Restaurante Dezaseis, Numax e Trisquel Artesanía.
  • VIGO: Detrás do Marco.

Uxía: voz.

Sérgio Tannus: guitarra e viola caipira.
Santi Cribeiro: acordeón.
Isaac Palacín: percusións.
José Manuel Díaz: contrabaixo.

Colaboracións especiais:

Ana Isabel Días: arpa clásica.
Quim Farinha: violín.
Fred Martins (Brasil)
Lui Coimbra (Brasil)

Editado pola Fundación Uxío Novoneyra.

Datas de presentación:

· 30 de Setembro, Teatro Colón (A Coruña)
· 14 de Outubro, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

Booking: uxia.net